|
|
|
|
|
O 11 de abril o alumnado de 4º da ESO participou na terceira edición da Mostra de Educación e Formación “FormaMos". A saída está encadrada dentro dos obxectivos do Plan de Orientación Académica e Profesional do centro onde, a través de diferentes obradoiros e exposicións, se brindou a posibilidade de informarse sobre as saídas formativas e laborais para o seu futuro. A mostra ofrecía un total de 80 expositores entre universidades, centros de Formación Profesional, centros de ensinanzas especiais, corpos e forzas de seguridade e protección cidadá, academias de idiomas ou asociacións e entidades de voluntariado. Resultou de grato interés e divertímonos moito.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O alumnado do módulo de Disposición e venda de produtos de Farmacia Modular elaborou nunha práctica na clase uns escaparates de Nadal, dous deles baseados no coidado da imaxe persoal e un deles na alimentación dos pequenos e pequenas, todo ambientado con ornamentación de Nadal apropiada para a época.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nova no Faro de Vigo (16/12/2023) en relación coa Semana da Ciencia en Galego e a Feira Científica "Non é Maxia... É Ciencia".
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O grupo de 1º de Educación Infantil participou este ano novamente en Artelixo cun xogo de mesa adaptado con probas e preguntas sobre o coidado dos nosos montes. Está exposto na entrada ao Multiusos Piñeiral do Crego. Podedes pasar a coñecelo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Durante a última semana do mes de novembro celebramos as actividades correspondentes ao Mes da Ciencia en galego, organizadas polo EDLG e os departamentos de ciencias.
O mércores 27 contamos coa visita de José Benito Vázquez Dorrío, profesor do Grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo (GID1), formado por profesorado da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e da Escola de Enxeñaría Industrial, que nos presentou a charla "Fisica Re-Creativa". Falounos sobre ondas, cores e interferencias, empregando obxectos da vida cotiá como pompas de xabón, tubos, arames... deixounos experimentar e comprobar fenómenos físicos relacionados coa luz: reflexión, refracción e interferencias, tamén nos explicou o funcionamento básico do ollo humano.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O venres 29 celebramos a Feira científica, na que participaron os departamentos de Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Tecnoloxía, Música e Sanitaria. Un grupo de alumnos e alumnas prepararon unha serie de actividades e experimentos que explicaron a todo aquel que se achegou aos distintos mostradores. Un ano máis puidemos contar coa visita do alumnado de 6º dos CEIP de Chapela, aos que agradecemos a súa participación e o interese amosado durante as explicacións dos nosos científicos e científicas. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os alumnos e alumnas de Educación Plástica de 4º ESO visitaron a exposición Sonoro Empeño, na que mediante unha selección de obras de ABANCA e Afundación, proponse un achegamento á confluencia da música e as artes plásticas dende distintas perspectivas. Aquí tedes algunhas imaxes da visita. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O xoves 20 de decembro fans da literatura, dos comics e das películas da quenda modular atopámonos ao redor dunha mesa na que se dispuxeron os tesouros que recompilamos grazas á proposta da biblioteca. Houbo libros en galego e castelán e tamén películas, como a de: Que facemos con Maisie? Deixamos, para outra ocasión, a banda deseñada. Parolamos ao redor dos motivos polos que recomendábamos a Agatha Christie e os seus dez negriños; a Jules Verne e as súas tribulacións na China; e a Paulo Coello e o seu estilo, tan zen. Dos coñecidos versos de Don Juan Tenorio e Dona Inés; falamos de Dolores Redondo e o seu gardián invisible; asemade, achegouse por alí James Herriot, un veterinario typical english que emociona coas súas andanzas no libro Todas las criaturas grandes y pequeñas e, nun recuncho da mesa, atopamos a Mary Higgins Clark e o misterio das súas novelas. Logo de moitas dúbidas e cábalas, e algunha que outra volta ao redor da mesa para sopesar con siso todas as opcións, decidímonos, iso si, só despois de que tocase o timbre do recreo, pois aproveitamos até o último minuto, xa que a mesa estaba chea de mundos a descubrir. Cada quen escolleu ao fin e voltamos aos nosos quefaceres, imaxinando xa que novas aventuras íamos atopar ao abrir a tapa dun novo libro. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Hoxe, 8 de maio, tivo lugar no vestíbulo do IES Chapela, a I Feira de emprego - Asesoría e Orientación. O alumnado do CS de Integración Social guiou os seus compañeiros e compañeiras de ESO e Bacharelato en torno á orientación formativa e profesional, as competencias laborais, e mesmo ofreceu unha visita aos Ciclos Formativos do instituto. Unha experiencia coordinada pola profesora Eva Ferreira que resultou moi proveitosa para o noso alumnado. Moitas grazas aos asesores e asesoras de Integración Social. |
|
|
|
|
|
|
|