Para rematar coas actividades do Día da Ciencia en galego, hoxe 16 de novembro, celebramos no instituto a Feira científica "Non é maxia... é ciencia", na que colaboraron os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
A actividade foi conducida por alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato, que explicaron os seus experimentos e proxectos a todo aquel que se achegou aos postos montados. Tamén contamos coa visita do alumnado dos colexios CEIP Igrexa e CEIP Laredo, que seguiron con moito interese as explicacións dos nosos científicos. Nova en Faro de Vigo.