Bolsas e axudas |
O IES de Chapela está incluído no proxecto de educación dixital (Edixgal) en todos os cursos da ESO, polo que o alumnado do IES de Chapela non pode participar no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, si que poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar (cheque de 60 € ou 75 €, dependendo da renda per cápita familiar) cando reúna os requisitos establecidos na Orde do 7 de maio de 2024. O prazo de solicitude é do 21 de maio do 2024 ata o 21 de xuño de 2024, ambos incluídos. O listado provisional de alumnado admitido e excluído da axuda para material escolar estará dispoñible no taboleiro na entrada do centro o 12 de xullo.
Información resumida da Orde do 7 de maio de 2024 - IES de Chapela
Enlace con máis información á paxina da consellería
Enlace á aplicación para descargar os formularios
Enlace á sede electrónica para presentar solicitudes por este procedemento
|
|||
A partir de hoxe estarán dispoñibles en Conserxería os novos cheques para material escolar (25 €). Deberá recollelos a mesma persoa que SOLICITOU a axuda para material escolar no seu momento. En caso de non poder asistir, outra persoa poderá recollelo por medio dunha autorización firmada.
|
|||
O prazo de presentación de solicitudes de bolsas de estudos destinadas a persoas que se matriculan en Bacharelato, Formación Profesional (Básica, Ciclos Medios e Superiores) e Universidade (Grao e Mestrado) no curso 2023-24 abriu o 27 de marzo e remata o 17 de maio. É importante que o alumnado pida a bolsa neste prazo aínda que non saiba o que vai estudar nin onde, nin se vai seguir estudando, xa que, doutro xeito, non a poderá solicitar para o curso 2023/24. Os datos académicos son provisionais. Máis información nesta ligazón.
|
|||