O IES de Chapela está incluído no proxecto de educación dixital (Edixgal) en todos os cursos da ESO, polo que o alumnado do IES de Chapela non pode participar no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, si que poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar (cheque de 60 € ou 75 €, dependendo da renda per cápita familiar) cando reúna os requisitos establecidos na Orde do 7 de maio de 2024. O prazo de solicitude é do 21 de maio do 2024 ata o 21 de xuño de 2024, ambos incluídos. O listado provisional de alumnado admitido e excluído da axuda para material escolar estará dispoñible no taboleiro na entrada do centro o 12 de xullo.
Información resumida da Orde do 7 de maio de 2024 - IES de Chapela
Enlace con máis información á paxina da consellería
Enlace á aplicación para descargar os formularios
Enlace á sede electrónica para presentar solicitudes por este procedemento
|
|||