Familia Servizos

Ofertas de emprego de Servizos en Instagram

O Departamento de Servizos do IES Chapela continúa facilitando ofertas de emprego para antigo alumnado, pero a partir de agora o faremos nas historias destacadas de emprego que podes atopar na nosa conta de Instagram.

Podes acceder na seguinte ligazón: https://www.instagram.com/servizoschapela/ ou ben buscando en Instagram @servizoschapela

Novo blogue de Ofertas de emprego do Departamento de Servizos

O Departamento de Servizos do IES Chapela dispón dun novo blogue, onde se publicarán as ofertas de emprego que lles vaian chegando. Podes acceder na seguinte ligazón: https://empregoieschapela.blogspot.com/
 

TAPSD - APERTURA DE DÚAS LISTAS DA XUNTA - XEROCULTORES/AS E COIDADORES/AS AUXILIARES

Apertura de dúas listas DIFERENTES da Xunta de Galicia.

 

1.- XEROCULTORES: Por primeira vez ábrense as Listas da Xunta para Xerocultores nas que se ten en conta a titulación de TAPSD.

DOG nº 54, Luns 18 de marzo de 2019

O prazo remata o 30 abril.

(VER ANEXO)

 

2.- COIDADOR/A AUXILIAR. Listas xerais da Xunta.

DOG nº 42 - 28 de febreiro de 2019.

Prazo: 15 de xullo.

Grupo IV -Categoría 004 

Denominación Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado

Requisitos: Graduado en ESO, graduado escolar, técnico (ciclo formativo de grao medio) ou equivalente.

Celga 3

(VER ANEXO)

 

 

Para anotarse entrade na web da xunta

 https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/informacion-xeral?langId=es_ES 

TSEI - APERTURA DAS LISTAS DA XUNTA para TS Educación Infantil

Xa están abertas as listas da Xunta para que os apuntedes como TSEI 

Prazo: ata o 15 de xullo.

DOG nº 42 - Xoves 28 de febreiro de 2019

Para anotarse entrade na Web da xunta

 https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/informacion-xeral?langId=es_ES 

 

O voso grupo e categoría é:

Grupo III Categoría 050

 

Técnico/a especialista xardín de infancia a) Técnico superior en educación infantil ou equivalente ou b) Profesionais que sen ter ningunha das titulacións referidas presenten certificado expedido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de realización do curso de habilitación para profesionais do primeiro ciclo de educación infantil

Celga 4

 

Nos anexos tendes toda a información.

 

2.- Que se está a falar da posibilidade de que haxa oposicións para TSEI no 2020. (podedes contactar coas academias, sindicatos, etc, p.ex. unha academia que impartiu unha charla de orientación laboral no noso centro foi PREMIR-Vigo).

 

OFERTA DE EMPREGO - AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO EN VIGO - EMPRESA CLECE

A empresa Clece está ofertando un posto de traballo coas seguintes características:

 

·         FORMACIÓN: (calquera dos tres):

 

- Ciclo Formativo de Grado Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia

- Ciclo Medio CAE.

- Certificado de Profesionalidade de atención a persoas no domicilio

- Certificado de Profesionalidade de atención a persoas en institucións

 

·         DISPOÑIBILIDADE: (varias opcións) Na actualidade a maior demanda é de Fins de semana e festivos.

 

- Luns a Venres (mañá e tarde)

- Luns a Venres (mañá)

- Sábados, Domingos e Festivos (sempre mañá e tarde)

 

·         CONDICIÓNS: (a convir)

 

- Contrato inicial de 6 meses con opción de prórroga e estabilidade.

- Opción de contratos de interinidade (vacacións, baixas…).

- Xornada parcial flexible, compatible con estudos ou outros empregos

- Salario por Convenio Galego de Axuda a Domicilio, actualizado a 2019.

 

·         VALORABLE:

 

- Vehículo propio (abónanse os KM realizados para o servizo)

- Experiencia na atención a persoas dependentes.

 

PODEDES ENVIAR OS VOSOS CURRÍCULOS A: javirola@clece.es

 

 

 

OFERTA EMPREGO PARA COIDADOS DE PERSOAS MAIORES EN ALEMANIA

 

OFERTA EMPREGO PARA COIDADOS DE PERSOAS MAIORES EN ALEMANIA

 

 

Dende a Axencia de Colocación e Emprego Global Working estamos inmersos nun proxecto onde buscamos persoas candidatas para traballar na área do coidado de persoas maiores en Alemania.

 

As persoas candidatas debenter finalizada unha das seguintes formacións:

 

- Técnico/a en Atención a Persoas en Situación de Dependencia - TAPSD

 

- Técnico/a en Atención Sociosanitaria. TASS

 

- Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermería - TCAE.

 

Como Axencia de colocación que somos colaboramos con EURESS e coa Axencia Nacional de Emprego de Alemania (ZAV). As persoas candidatas traballarán en AWO Nordhessen, unha das maiores organizacións alemanas con máis de 200.000 empregados e con residencias en todo o territorio alemán.

 

As persoas candidatas poden teracceso a toda a información e enviar o seu CV no seguinte enlace:

 

http://bit.ly/TCAE-TAPSD-TASS

 

Durante a semana do 18 de marzo as persoas candidatas interesadas se entrevistarán personalmente nas nosas oficinas cos empregadores de AWO Nordhessen e terán a oportunidade de coñecer aos tecnicos de emprego da Axencia Nacional de Emprego Alemana (ZAV), polo que o último día para recibir CVs será o 8 de marzo.

 

As candidaturas seleccionadas comezarán unha formación intensiva e gratuita de alemán nas nosas oficinas. A formación comezará o 1 de abril.

 

Unha vez rematada a formación en idioma, as persoas candidatas terán un contrato de 3 anos en Alemania nos que traballarán comaAuxiliar para o Coidado de Persoas Maiores (durante o 65% da súa xornada laboral) e estudiarán unha FP Dual de Técnico/a Especializado/a en Coidados de Persoas Maiores (durante o outro 35% da súa xornada laboral) polo que estarán continuamente mellorando a nivel profesional. Durante estes tres anos, as persoas candidatas terán un salario de 1.730 euros brutos mensuais. Unha vez finalizada a FP Dual, ascenderán de categoría profesional e o seu salario será de 2.600 euros brutos mensuais.

 

No arquivo adxunto poden ler a información do proxecto.

 

Aproveitamos a ocasión para compartir as testemuñas e vídeos de profesionais que xa se atopan traballando en diferentes países de Europa gracias á nosa labor:

 

 

Levamos máis de 4 anos traballando en proxectos de mobilidade europea con Alemania, Suiza e Noruega con diferentes perfís profesionais polo que, para calquera dúbida que xurda, non dubiden en poñerse en contacto connosco.

 

OFERTA EMPREGO - COIDADORAS INFANTÍS

A entidade Mulleres Progresistas presenta unha oferta de emprego de

COIDADORAS INFANTÍS

Para traballar nos programas que desenvolvemos de atención domiciliaria á infancia.

Perfil demandado:

- Tituladas en Ciclo Superior de Educación Infantil ou Maxisterio en Educación Infantil.

- Imprescindible ter certificado actualizado de non ter delitos de natureza sexual.

- Valorarase experiencia no coidado de menores.

Interesadas enviar o curriculo a: info@mulleresprogresistas.org

 

oferta de emprego integradora social

 

 

OFERTA DE EMPREGO CFGS INTEGRACIÓN SOCIAL

 

"Precísase INTEGRADORA SOCIAL para CENTRO DE MENORES,

20 horas/semana en fin de semana.

 

Se che interesa, envía o teu CV a milagrosameiras@hotmail.com "

 

OFERTA EMPREGO COIDADOR/A INTERNO DE PERSOAS MAIORES

COIDADOR/A INTERNO/A

Grupo Arestora precisa incorporar un/a COIDADOR/A para coidado domiciliario, de forma interna, a persoas da terceira idade.

PRINCIPAIS FUNCIÓNS A DESENVOLVER:

-Axudar e atender ás persoas da terceira idade no seu día a día.

-Apoio ou supervisión para facilitar a realización das súas actividades cotiás.

-Asistencia a domicilio.

REQUISITOS  IMPRESCINDIBLES:

-Valorable formación no área de asistencia a persoas maiores (auxiliar en clínica, xerocultor/a, etc.).

-Experiencia constatada no coidado de maiores.

-Exclusividade para realizar funcións de maneira interna.

-Disponibilidade horaria e posibilidade de realizar turno de noite.

-Residencia en Galicia e con posibilidade de traslado á zona do Barbanza.

REQUISITOS  VALORABLES:

-Valorable outro tipo de experiencia no coidado de persoas maiores (axuda a domicilio o en centros de asistencia).

-Formación en técnicas de rehabilitación e masaxe para persoas maiores.

-Formación complementaria no área xeriátrica.

OFRÉCESE:

-Turnos rotativos semanaleis (traballando unha semana e descansando a seguinte semana).

-Remuneración total do mes.

-Seguro a xornada completa.

Interesados/as enviar CV a: seleccion@grupoarestora.com

ou chamar o 881.98.78.13.

Distribuir contido