Latín e Grego

Tui - Festival de Teatro Grecolatino - 4º ESO

O xoves 2 de marzo o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato, acompañado polas profesoras de Filosofía e de Latín, achegouse ata oTeatro Municipal de Tui para  asistir a unha función teatral: Medea de Eurípides, enmarcada dentro do Festival de Teatro Grecolatino, organizado pola SEEC-Galicia erepresentada esplendidamente polo Grupo Noite Bohemia.

A experiencia resultou moi enriquecedora para o grupo xa que tivo a oportunidade de achegarse a unha obra que, aínda que estreada no 431 a. C., xira arredor de dous temas atemporais: o amor, como determinante da conduta humana e a muller, encarnada aquí por Medea, quen deixa a súa terra e familia por amor para verse despois traizoada por ese home, que busca no matrimonio con outra muller medrar económica e socialmente. Medea vaise rebelar, en nome de todas as mulleres, contra o sufrimento vencellado á condición feminina e, como consecuencia da aldraxe recibida, levará a cabo un crime atroz para vingarse do seu esposo infiel.

Esta actividade, organizada polo departamento de Latín, serviu, tamén, para que o alumnado se achegase ao espectáculo total que constitúe o teatro e contactase cos numerosos mozos e mozas de diversos centros educativos que alí acudiron e que dan sentido, como manifestaron os xóvenes e entusiastas integrantes de Noite Bohemia, á presenza de "Clásicas sempre en escena, Clásicas sempre nas aulas".

GREGO SI, POR QUE NON?

Programación didáctica: curso 19-20

Programacións adaptadas á nova normalidade

Dálle ao ferrete!: animando a expresarse en galego.

Distribuir contido