Validacións |
Podedes consultar aquí a resolución das solicitudes de validación de módulos profesionais do curso 2024/25. Para calquera dúbida ou aclaración en relación con este tema, contactade coa xefatura de estudos de ciclos. Contra a resolución de validación, a persoa solicitante poderá presentar recurso de alzada, no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación, perante a persoa titular: a) Do departamento territorial de cada provincia, para as validacións que sexan competencia da persoa titular da dirección do centro. b) Da Secretaría Xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación e Formación Profesional e Deportes, para as validacións que sexan resoltas por este ministerio. c) Da Consellería de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, para as validacións que sexan resoltas pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional da mesma consellería. NOTA: Os datos aparecen anonimizados ocultando caracteres do documento de identidade das persoas solicitantes.
|
|||
Lémbrase ao alumnado de ciclos formativos que pode solicitar a validación de módulos profesionais. As solicitudes de validación de ciclos LOXSE/LOE a ciclos LOE e de ciclos LOXSE a ciclos LOXSE (así como a validación do módulo de FOL de ciclos LOXSE de grao medio a partir de ciclos LOE e as validacións a partir da acreditación de unidades de competencia e os certificados profesionais) son competencia da Dirección do centro educativo e deberán presentarse nos 20 primeiros días de clase. Para iso cubrirase o Anexo XIV e achegarase orixinal e copia do certificado académico. As demais solicitudes de validación (de ciclos LOE a ciclos LOXSE, de estudos universitarios, dunha FP I ou FP II) son competencia do Ministerio de Educación e poden presentarse ao longo de todo o curso, pero terán preferencia para a súa resolución as presentadas ata outubro. Para estas solicitudes cubrirase o Anexo V e achegarase orixinal e copia do certificado académico en castelán. No caso de solicitar a validación a partir de estudos universitarios, haberá que presentar a maiores a seguinte documentación:
As solicitudes de validación presentaranse nas ventás de secretaría do centro de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas ou os luns e venres pola tarde na xefatura de estudos en horario de 17:00 a 20:00 horas.
|
|||