|
|
|
|
|
|
O pasado xoves 21, seis representantes do IES de Chapela competiron na Olimpíada Matemática Galega de 2º ESO xunto con outras 429 persoas de 100 institutos galegos. A proba consistiu na resolución de cinco problemas para os que tiveron que empregar todo o seu enxeño.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O alumnado de 2º ESO participa con dúas poliesculturas no #RetoIMATXINA2020 promovido pola Fundación Rosalía de Castro no marco da Feira Matemática IMATXINA que se desenvolverá en Vigo, no Auditorio Mar de Vigo, entre o 27 de febreiro e o 18 de marzo de 2020.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Na tarde do día 6 de abril dous equipos de 1º e 2º ESO do noso instituto, participaron na LIGAMATS, unha liga entre equipos de distintos centros que ten por obxecto resolver problemas, xogos, e diferentes actividades matemáticas relacionadas cos talleres da exposición Imatxina. Nesta 1ª Fase do concurso estiveron por 1º ESO: Natalia González, Iván Nieves, Samuel Míguez e Iván González. Por 2º ESO: Manuel González, Fernando Covelo, Kevin Martínez e Pablo Couto. O noso alumnado valorou as probas realizadas como difíciles, mais ao parecer atinaron coas solucións. Moitas grazas por representarnos. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ania Lampón (2º Bach), Adrián Durán (1º Bach) e Uxío Albá (2º Bach), viaxaron ata Santiago no día de hoxe, 19 de xaneiro de 2018, para participar na Olimpíada Matemática Galega - 2018 que se celebra na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Desta fase galega, na que están presentes centos de alumnas e alumnos de toda Galicia, sairán os tres representantes para a LIV Olimpiada Matemática Española.
Ademais de pasar varias horas, mañá e tarde, tentando resolver problemas, Ania, Uxío e Adrián, puideron facerse unha idea de como funciona a vida nun campus e descubriron algún recuncho de Compostela guiados por todo un experimentado cicerone como é o profesor de matemáticas, Aldán Santamarina. Moita sorte e moitas grazas aos tres por representar ao IES Chapela.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Por iniciativa do Departamento de Matemáticas o IES de Chapela conta desde esta semana cun novo espazo de lecer xunto á Aula de Convivencia. As xa habituais partidas de xadrez compartirán os períodos de descanso con quebratestas, xogos de lóxica, tamgrams...
O “rincón de pensar” espérate nos recreos!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Alicia Bouza (Educación Infantil) recolle o primeiro premio de mans da profesora Eva Cortegoso.
|
|
|
|
|
|
|