Matemáticas

Olimpíada Matemática: gañamos en Vigo e viaxamos a Toulouse

E viaxamos a Toulouse! Ademais de coñecer a cidade, visitamos a preciosa vila medieval de Carcassonne e o parque temática "A cidade do espazo", dedicado á astronáutica.
 

Estivemos catro días enteiros en Francia, compartindo autobús, experiencias, festas... co alumnado e profesorado do Instituto de Gondomar. Fixemos boas amizades. Unha viaxe inesquecible. Tras gañar a fase galega do rallye matemático, organizada pola asociación de profesores de matemáticas Agapema, iamos para participar na fase internacional do XVIII rallye matemático celebrado o pasado 7 de maio na Universidade Paul Sabatier. Competimos con estudantes de Líbano, Romanía, Andorra, Marrocos, Tunisia, Francia e outros mozos e mozas chegados desde Zaragoza e BarcelonaTras gañar o premio, recibimos a subvención de Agapema, e o apoio económico do Concello de Redondela, Caixanova, a ANPA Penisal do IES Chapela e a Comunidade de Montes “ Montes en man común”de Chapela. Grazas a todos eles puidemos ir a Toulouse.

Descargar máis fotos en PDF

XII Olímpiada Matemática Galega - 2º ESO (2010)

O pasado venres 16 de abril os alumnos Juan Lampón Santos (2ºB) e Adrián Bernárdez Cornes (2ºA), mentres os seus compañeiros estaban nos xogos populares, participaron na XII OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA  2º ESO, celebrada no IES do Castro, Vigo.

 

   

Recursos Departamento Matemáticas - 2010

VI Semana Matemática de Vigo

DE NOVO ARRASANDO COAS MATEMÁTICAS!!!

VI Semana Matemática de Vigo

O alumnado de 1º ESO participou o pasado 29 de abril no Obradoiro para alumnos, traballando con tangrams, pentaminós, policubo, xogos de estratexia, actividades coa calculadora e revoltallo matemático.

Tres alumnas e un alumno de 4º ESO, conseguiron o PRIMEIRO PREMIO da categoría 3º-4º ESO no Concurso Intercentos Ligamats, resolvendo problemas, xogos e tarefas relacionadas cos obradoiros. Os premios foron un diploma e un set de xogos de enxeño para cada participante e outro para o centro, que axiña estarán á vosa disposición na biblioteca.

Moitos parabéns a estas mentes prodixiosas!!!

Alba Fernández Blanco / Elia Fernández Blanco / Enrique Fernández Rodríguez / Paula García Oliveira

 

 

Rallye Matemático - 2010

4º ESO A gaña o rallye matemático "Sen fronteiras" - 2010. Parabéns!

Ver nova no Faro  de Vigo

Distribuir contido