Matemáticas

Cúpulas de Leonardo

O Departamento de Matemáticas desenvolveu no IES de Chapela co alumnado de 1º ESO a actividade promovida por IMATXINA 2016, que consiste en construír cúpulas empregando algún dos 11 modelos ideados por Leonardo da Vinci. O vestíbulo do centro converteuse nun obradoiro de construción durante a última semana. Na tarde do pasado sábado 12 de marzo de 2016, 11 alumnas e alumnos de 1º ESO participaron tamén na actividade de divulgación das cúpulas de Leonardo na rúa peonil do Calvario (Vigo).

Programación 2014-15

Ligamats 2014, Diploma

Con motivo de IMATXINA, X  Semana Matemática de Vigo, o  IES CHAPELA  participou na LIGAMATS 2014

O Equipo 1 da Categoría B pasou á final do mércores 19 de marzo, quedando no 4º posto e conquerindo un DIPLOMA

 

Categoría B-Equipo 1 (1º ciclo ESO)

Categoría B-Equipo 2 (1º ciclo ESO)

Categoría C (1º ciclo ESO)

UXÍO ALBÁ OREIRO

JULIO ALONSO RODRÍGUEZ

IGNACIO GARCÍA VÁZQUEZ

ANIA LAMPÓN SANTO

DAVID BOTELLO RODRÍGUEZ 

PABLO BOTELLO RODRÍGUEZ  

CARLOS GARCÍA ALONSO 

JAVIER LAMPÓN SANTOS

DANIEL URBINA NÚÑEZ 

DAVID SOLER GARCÍA 

IAGO FERREIRO ARES 

ANXO JORGE TOBIO

 

O venres 21 de marzo, acudiron á fundación Barrié ao acto de clausura da semana matemática, onde ademais da recollida de premios e diplomas, puideron desfrutar de actuacións e ver como quedou a Esponxa de Menger.

 

Feira matemática Imatxina 2014

O alumnado de 1º ESO visitou a feira matemática Imatxina na Fundación Barrié (Vigo) levando os módulos nivel 2 da esponxa de Menger construídos entre todo o alumnado do centro. O IES de Chapela contribúe así, xunto cos outros centros da comarca de Vigo, á construción do nivel 4 da esponxa de Menger promovida pola Semana Matemática de Vigo.

Olimpíada Matemática - 2014

Parabéns a Miguel Soler, alumno de 1º de Bacharelato que foi quen de acadar unha mención de honra na Olimpíada Matemática de Bacharelato celebrada en Santiago o pasado venres 17 de xaneiro. Parabéns tamén aos outros alumnos do IES que  participaron na proba en Santiago: Adrián Bernárdez  e Santiago Salvador (2º Bacharelato) e Adrián Cameselle (1º Bacharelato).

Máis información e fotos  na páxina da Olimpíada Matemática de Bacharelato.

Olimpíada Matemática de 2º ESO - 2013

Finalistas  na Fase de Zona. Parabén ao noso alumno de 2º de ESO David Soler GarcíaA esta fase final acudirán 40 participantes seleccionados na Fase de Zona, correspondéndolle a cada unha un número de prazas proporcional ao número de participantes presentados en total. Esta Fase terá lugar o venres  24 de maio de 2013 no Concello de Vigo.  Ánimo!

IX Semana Matemática de Vigo - 2013

O martes 7 de maio de 2013 o alumnado de 1º ESO visitou a IX Semana Matemática de Vigo (Fundación Barrié) nunha actividade organizada polo Departamento de Matemáticas.

Olimpíada Matemática 2011-12

A nosa alumna de 2º de Bacharelato Elia Fernández Blanco acadou un 3º Premio na XLVIII Olimpiada Matemática Galega 2011-12A proba tivo lugar  o dia 17 de decembro de 2011 en Santiago. Parabéns para ela e tamén parabéns a Quique e Alba, por participaren na proba.

Xoga coas matemáticas

O Departamento de Matemáticas propoñerá un xogo, enigma ou divertimento matemático ao alumnado da ESO cada 14 días comezando o 7/11/2011. A solución a cada xogo pode entregarse a través da Aula Virtual sendo necesario estar dado de alta e INSCRITO COMO ESTUDANTE neste curso (podes facelo ti facilmente). A solución a cada xogo aparecerá o luns no que remate o prazo.

No remate do curso haberá premios para as persoas que teñan participado regularmente nesta actividade.

      Cartel            1º ciclo: xogo1             2º ciclo: xogo1

Olimpíada Matemática Galega - 2011

O pasado Venres 21 de xaneiro, tres alumnas de Bacharelato participaron en Santiago na Olimpíada Matemática Galega 

  • Sara Comesaña Fernández / Elia Fernández Blanco / Alba Fernández Blanco

Alba recibiu unha Mención de Honra. Parabéns as tres participantes.

       

 Relación Mencións de Honra da Olimpíada Matemática Galega.

Distribuir contido