O Departamento de Matemáticas propoñerá un xogo, enigma ou divertimento matemático ao alumnado da ESO cada 14 días comezando o 7/11/2011. A solución a cada xogo pode entregarse a través da Aula Virtual sendo necesario estar dado de alta e INSCRITO COMO ESTUDANTE neste curso (podes facelo ti facilmente). A solución a cada xogo aparecerá o luns no que remate o prazo.
No remate do curso haberá premios para as persoas que teñan participado regularmente nesta actividade.