CM Farmacia

Escaparates de Nadal

O alumnado do módulo de Disposición e venda de produtos de Farmacia Modular elaborou nunha práctica na clase uns escaparates de Nadal, dous deles baseados no coidado da imaxe persoal e un deles na alimentación dos pequenos e pequenas, todo ambientado con ornamentación de Nadal apropiada para a época.

 

 

 

Información sobre o Ciclo Medio de Farmacia e Parafarmacia

Charla 1º Farmacia - Consello farmacéutico

O  pasado venres 21 de abril tivo lugar a charla Consello farmacéutico a cargo de María Rosa González, da empresa Coachingmasdos. Á mesma asistiu alumnado de 1º Farmacia Ordinario.

Saída alumnado de 2º Farmacia

Un grupo de alumnado de 2º de Farmacia visita a Farmacia Sánchez Otaegui (Vigo), farmacia con especialidade en óptica, audioprótese e laboratorio  de formulación maxistral.

Visita á farmacia do hospital POVISA

O xoves 11 de abril os alumnos e alumnas do CM de Farmacia de modular, horarios 1 e 2, visitaron o hospital Povisa. Alí ensináronlle as instalacións e explicáronlle o funcionamento do servizo de farmacia hospitalaria, o laboratorio de formulación e o servizo de dispensación farmacéutica. Queremos agradecer ao persoal de Povisa que nos atendeu a súa amabilidade, a visita resultou moi interesante!

 

Farmacia 1 Farmacia 2 Farmacia 3

Visita didáctica a COFANO

 

O pasado martes 9 de abril, os alumnos e alumnas do CM de Farmacia realizaron unha visita didáctica ás instalacions da Cooperativa Farmacéutica do Noroeste.

Visita a COFANO

Charla farmacia

O martes, día 2 de abril, o alumnado do ciclo medio de farmacia e parafarmacia do réxime modular recibiu unha interesante charla a cargo da farmacéutica da Farmacia Pérez Otero de Balaidos, situada en Vigo; quen posteriormente lles ensinou a realizar fórmulas maxistrais no laboratorio.
 
 
Charla farmacia 1 Charlal farmacia 2

Visita a Cofano e farmacia Pérez Otero

o xoves 21 de marzo os alumnos e alumnas do CM de Farmacia vistiaron a Cooperativa Farmacéutica do Noroeste e as instalacións da farmacia Pérez Otero de Vigo.

 

Visita a Cofano 1 Visita a Cofano 2

 

Xornada de Bioseguridade

 

Os alumnos e alumnas dos CS de Dietética e Farmacia asistiron a unhas conferencias, dentro da Xornada de Bioseguridade, que se celebran no ISSGA no marco da Programación da Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo. Acoden para ampliar coñecementos no eido da seguridade biolóxica nos laboratorios, así coma nas técnicas de prevención de riscos laborais en diferetes tipos de instalacións.

Escaparate de farmacia

Distribuir contido