P. Comenius |
O alumnado francés, alemán e holandés, espuxo os hábitos alimenticios dos seus respectivos países. Brais e Rebeca fixeron o propio.
Foto de grupo. As profes: Teresa, Mª José e Ángeles.
Traballos realizados polo alumnado de 1º Bach (IES Chapela)
María, Rebeca, Patricia, Brais e Miguel.
Amsterdam, visita aos museos.
Parabéns a todos o alumnado do IES Chapela e ao alumnado de Montaigu (Francia), Hofgeismar (Alemaña) e Den Helder (Holanda). Agradecementos ás familias e profesores que facilitaron a participación do noso alumnado neste Proxecto Europeo,así como aos centros implicados. Grazas ás profesoras do Departamento de Inglés e do Departamento de Francés.
|
|||
Reunión de Proxecto Comenius no IES CHAPELA
Alimentation et environnement / Food and environment
O director, Ángel Martínez , Magdalena, profesora de inglés, e as alumnas de 1º Bacharelato, África, en francés e Alaina en alemán, dan a benvida ao profesorado e alumnado de Alemaña, Holanda e Francia. Presentación do IES Chapela por Brais Ferreiro (4º ESO). Martín (1º Bach) interpreta dúas pezas musicais.
Reparto de agasallos. Foto de grupo.
Preparación do profesorado dos traballos a realizar de cara á visita a Den Helder en maio de 2012. Visitamos a Illa de San Simón, Baiona, o Castro de Santa Trega na Guarda, o CIFP A Granxa, Tui... O noso agradecemento a toda a comunidade escolar do IES Chapela, ao alumnado participante, ás nais e pais que recibiron ao alumnado e representantes de Alemaña, Holanda e Francia. Agradecemento tamén aoConcello de Redondela, ao CIFP A Granxa, e á Oficina de Turismo de A Guarda.
|
|||
|
|||
REUNIÓN DE TRABALLO COMENIUS NO IES CHAPELA: do 15 ao 19 de novembro de 2011
O instituto de Chapela a través dos Departamentos de Francés e Inglés participa na Asocación Multilateral Comenius xunto cos centros de Francia, Alemaña e Holanda. Estamos a traballar sobre o tema: "Alimentación e medio ambiente” / “Alimentation et environnement” / "Food and environment”. Durante os días 15, 16, 17,18 e 19 de novembro 2011, recibiremos no IES Chapela a un grupo de profesorado e alumnado de Alemaña, Francia e Holanda. O alumnado estará aloxado nas casas das familias dos nosos alumnos e alumnas (3º, 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato). Teremos ocasión de convivir durante estes días con rapaces e rapazas doutros países europeos, de falar en francés e inglés con eles e mostrarlles o noso contorno. O programa está financiado pola Axencia de Programas Europeos OAPEE.
PROFESORAS PARTICIPANTES NO PROXECTO COMENIUS Departamento de Francés: María José Fraga / Ángeles Alemparte Departamento de Inglés: Magdalena García / Teresa Dacuña
|
|||
Daniela, Noemí e Rebeca co alumnado de Alemaña, Francia e Holanda. Noemí, Mª José, Teresa, Rebeca e Daniela. Amosando o IES Chapela por Europa.
|
|||
|
|||
|
|||
O director do IES Chapela, o concelleiro de cultura, as profesoras de francés, os alumnos e alumnas... pelegríns franceses facendo o camiño.
|
|||
|
|||
6-22-2010, La Voz de Galicia, Cuatro alumnas viguesas estrenan en Galicia el «Erasmus» de Bachillerato. 18-9-2010, La Voz de Galicia, El Erasmus del bachillerato llega a Vigo.
|
|||