P. Comenius |
|
|||
|
|||
O Proxecto Mobilidade Comenius do IES CHAPELA xa está en marcha, As alumnas de Francés África, Alba, Paula et Stéphanie, cursarán o seu 1º curso de Bacharelato no Lycée Jeanne D’Arc de Montaigu, preto de Nantes, desde o mes de setembro ata decembro. O IES CHAPELA, recibirá nas mesmas datas, cinco alumnos do Lycée Jeanne D’Arc: Antoine, Flavie, Laura, Louise e Manon que cursarán respectivamente o 1º e 2º curso de bacharelato no noso centro. Parabéns / Toutes nos félicitations.
|
|||
O proxecto Comenius "Identidade Rexional, Construción Europea" 2006-2009, rematou coa útlima Visita a Den Helder, en Holanda, o 13 de maio de 2009, coa Participación de seis alumnas do IES Chapela no intercambio e nas actividades relacionadas co Proxecto. Estamos a traballar nun novo Proxecto Comenius coa posibilidade de realizar no curso 2010-2011 unha MOBILIDADE DE ALUMNADO COMENIUS co Lycée Jeanne D'Arc de Montaigu, Francia. Unha mobilidade de alumnado Comenius supón que o alumnado de Bacharelato, que está a traballar nun Proxecto Comenius, pode cursar durante un período a determinar polo propio alumnado e as súas familias (entre tres e dez meses) o seu Bacharelato no Centro de acollida, neste caso o Lycée Jeanne D'Arc. O alumnado francés faría o mesmo no IES CHAPELA . O Proxecto de Mobilidade contempla acordos de estudos entre os diferentes Departamentos implicados.
|
|||
Seis alumnas do IES Chapela na visita de proxecto (Maio - 2009). Xuntos cos participantes de Holanda, Francia e Alemaña.
|
|||
No curso 2007/08 curso comezamos o primeiro ano do proxecto escolar Comenius 1.1 "Identidade Rexional. Construcción Europea", coordinado polo centro Lycée d`Enseignement Général Technologique et Professionnel Jeane d`Arc de Montaigu (Francia), no que o noso Instituto participa como centro asociado, xunto con outros centros de Holanda e Alemaña. Ademais, tamén solicitaron o proxecto institutos de Cracovia e Lituania. O Lycée Studiplein coordina a plataforma de intercambio de información eTwinning ou irmandamento de escolas. Dita plataforma conta cun espazo web con ferramentas de comunicación, seguimento dos proxectos e difusión dos resultados. Para o desenvolvemento das actividades contaremos cunha axuda da Axencia Sócrates (Unión Europea). Podemos resumir o proxecto dicindo que a construción europea pasa por ser un coñecemento das identidades nacionais. Os alumnos e alumnas, a través do seu contorno e vida cotiá, chegarán a un mellor coñecemento e compresión de si mesmos e dos demais, e tomarán conciencia da súa identidade europea. Os intercambios abriranlles perspectivas sobre a súa vida adulta como cidadáns europeos. Os alumnos serán animados a comunicarse empregando as novas tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC): e-mail, chat, skype asi como o foro do escritorio de eTwinning. Os profesores e profesoras participantes do Instituto e as materias que imparten son os seguintes: Inglés Magdalena García Martínez Os temas concretos de traballo son: - Patrimonio cultural (Historia, Tradicións, Turismo, Música, Xeografía, Literatura... - Cidadania europea - Democracia. - Identidade Rexional. - Educación Cívica. - Filosofía. - Linguas estranxeiras. - Formación Profesional.
Etapas do proxecto. Curso 2006/2007 1.- Presentación: cada alumno ou grupo envía fotos ou imaxes da súa rexión. Acompáñanse dun texto en francés e inglés. Axuntarase unha foto do alumno. 2.- Os alumnos preguntaranse sobre a idea que teñen dos diferentes países colaboradores. O resultados publicaranse na plataforma eTwinning. 3.- Cada alumno ou grupo presentará unha pregunta a outros centros da asociación sobre xeografía, historia, cultura, relixión, educación, gastronomía, vida cotía, deporte. Empregarase tamén as ferramentas de comunicación do escritorio de eTwinning. 4.- Resultados: folletos e soporte animado, presentando a súa rexión dende os diferentes aspectos citados. IMAXES VISITA PROFESORADO E ALUMNADO DOS CENTROS ASOCIADOS AO NOSO CENTRO. NOVEMBRO 2008
|
|||||||