Aliméntate ben. Curso 2018/19

E ti, canto sabes?

Pechamos o Plan Proxecta Aliméntate ben 2018-2019 cun folleto informativo con recomendacións en relación á alimentación cardiosaudable elaborado polo alumnado de 1º de Dietética. Preme na imaxe para descargalo.

 

Xogos de Scratch e comida saudable

Os alumnos e alumnas de 2º ESO crearon uns pequenos videoxogos, en Scratch, relacionados coa temática do Plan Proxecta deste curso: Aliméntate ben. Aquí tedes algúns deles, por si queredes xogar unha partida.
 
 
BATEAT creado por Javier Martínez de 2ºA  Atratapa ovos creado por Samuel Míguez de 2º C
Aliméntate ben creado por Mara Otero de 2º A Vampiro glotón creado por Mario Pío de 2ºA

Obradoiro de elaboración de pan

Seguindo co Plan Proxecta, os alumnos e alumnas de 1°ESO elaboraron uns boliños de pan con noces que de seguro fixeron as delicias das súas familias.
     
     
     
     

Visita do alumnado do CS de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

O pasado martes 4 de xuño, recibimos a visita do alumnado do CS de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma do IES Teis acompañados de Luli, a súa mestra de “Programacións multimedia e dispositivos móbiles”. Puidemos ver as diferentes aplicacións que deseñaron e  desenvolveron froito da colaboración co noso centro ao abeiro do Plan Proxecta. Durante o recreo explicáronlle o seu traballo a todo aquel que se achegou ao vestíbulo do centro e despois, visitaron a nosa aula de informática onde deixaron que o alumnado de TIC I de 1º Bacharelato probase as súas aplicacións e resolvéronlle todas as dúbidas que foron xurdindo.
 
Gracias pola visita e polo magnífico traballo. Agardamos seguir traballando con vos en futuras actividades.”
 App Comida cardiosaudable  CS Aplicacións Informáticas 2
 CS Aplicacións Informáticas 3 CS Aplicacións Informáticas 4 
 CS Aplicacións Informáticas 5 CS Aplicacións Informáticas 6 
 CS Aplicacións Informáticas 7  CS Aplicacións Informáticas 8
 CS Aplicacións Informáticas 9  CS Aplicacións Informáticas 10

Almorzos Saudables

Os días 9, 10 e 11 de abril, desenvolvemos no IES Chapela a actividade de Educación para a Saúde, Almorzos saudables, coa colaboración do Departamento Territorial de Sanidade, co gallo de que o alumnado coñeza a importancia que ten para a saúde o almorzo como primeira comida do día e as variacións que se poden facer, conseguindo unha alimentación variada, equilibrada e san; así como manter unha saúde bucodental axeitada.

Os alumnos e alumnas de 1º ESO almorzaron no instituto e recibiron una charla formativa de alimentación equilibrada e hixiene bucodental.

 

Almorzos 1 Almorzo 2
Almorzos 3 Almorzo 4
Almorzos 5  Roda dos alimentos

Segunda Semana cardiosaudable

Peras, clementinas, bananas, mazás, kiwis...ese foi o desfile de froita desta segunda semana cardiosaudable.

Ademáis os alumnos de 2º de Dietética  obsequiáronnos cuns deliciosos bocatas vexetais e pan de noces e pasas maridado con zume de laranxa!

Gracias raparigas e raparigo polo esforzo, xenerosidade e magnífico traballo!

 

Semana cardiosaudable 2_1 Semana cardiosaudable 2_2
Semana cardiosaudable 2_3 Semana cardiosaudable 2_3
 
E vos que? Gustouvos? Queredes a receita do pan de noces e pasas? Aí vai:
 
 Receita pan de noces

Ah! E lembrade que na cafetería podedes mercar froita, froitos secos e zume de laranxa. E a partir do martes, haberá tamén á venta macedonias e bocatas vexetais, que deberedes encargar o día anterior. Veña, bulide! ;)

Semana cardiosaudable: Actividades do mércores, xoves e venres

Seguimos desfrutando da Froita na escola. O mércores foi o día das clementinas, o xoves das mazás e rematamos a semana con kiwis.

E como a semana é cardiosaudable, o alumnado de 2º de Farmacia encargouse de explicarnos e medirnos a tensión arterial en repouso, despois de facer exercicio, ás ordes de Nuria, e no espazo zen que deseñaron os alumnos de Educación infantil.

A próxima semana continuamos. Apetécevos repetir?....

 

Cardiosaudable 11 Cardiosaudable 18 Cardiosaudable 20
 Cardiosaudable 13  Cardiosaudable 15  Cardiosaudable 14
 Cardiosaudable 12  Cardiosaudable 16  Cardiosaudable 17

Semana cardiosaudable. Martes 22 de xaneiro

Hoxe tivemos froita por partida dobre. Por unha banda, o alumnado de 2º de Dietética deleitou aos compañeiros e compañeiras cunha deliciosa macedonia que disputou o protagonismo da xornada coa banana do programa Froita na escola.

 Macedonia Froita fresca Froita fresca 1 Froitqa fresca
Froita fresca Froita fresca Froita fresca Froita fresca

Semana cardiosaudable

Continúan as actividades do Plan Proxecta no instituto e, como centro participante no programa Froita na escola, durante os próximos quince días o alumnado poderá degustar tódolos días no recreo das 12:10 amorodos, clementinas, plátanos, kiwis, mazás e peras.

Comezamos hoxe co reparto de amorodos e mañá daremos paso ao resto das degustacións e actividades desta primeira Semana cardiosaudable.

Bo proveito!

 Semana Semana cardiosaudable 4  cardio
Semana cardiosaudable 3 Semana cardiosaudable 1 Semana cardiosaudable 2
 saudable Semana cardiosaudable 5 Amorodos

Sabes o que comes?

No pasado trimestre o alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Dietética, no módulo de Educación sanitaria, comezou a facer unha análise dos hábitos de consumo durante a mañá dos compañeiros do IES. Para iso elaboraron unha enquisa que foi analizada polos compañeiros de 2º curso do Ciclo Superior de Documentación e Administración Sanitaria, no módulo de Validación e explotación de datos, cuns resultados que publicaremos en breve e que poderedes consultar premendo no seguinte enlace.

Tras observar e analizar as enquisas, e logo da constatación da información cos compañeiros da cafetería, o alumnado de Dietética púxose mans á obra e deseñaron a primeira intervención do Plan Proxecta: Sabes o que comes?

Con esta primeira actividade, dirixida aos alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO, trataron de amosar o excesivo contido en azucre e graxa dos produtos que máis consumen durante o almorzo e na media mañá, aquí no instituto, e proporcionaron aos seus compañeiros información sobre outras opcións máis saudables para consumir.

Sabes o que comes 1 Sabes o que comes 2
Sabes o que comes 3 Sabes o que comes 4
Sabes o que comes 5 Sabes o que comes 6
Sabes o que comes 7 Sabes o que comes 8
Distribuir contido