Transporte

Transportes Escolar ESO

Liña C3 - VITRASA

 

A empresa de transporte público VITRASA conecta o IES CHAPELA con Vigo a través dunha liña circular de amplo percorrido e dobre sentido, a C3.

Esta liña ten dúas paradas próximas ao IES CHAPELA: a 2130 e a 2080.

A parada 2130 está na beirarrúa do IES CHAPELA e nela o autobús cóllese en dirección Vigo.

A parada 2080 está na beirarrúa contraria ao IES CHAPELA, no Pavillón Municipal de Chapela, e nela o autobús cóllese en dirección Redondela ata o Alto da Encarnación onde dá a volta para dirixirse a Vigo pola Avda. de Vigo.

 

Pica na imaxe para ver o percorrido do C3 partindo da parada 2130 Pica na imaxe para ver o percorrido do C3 partindo da parada 2080
   

 

A frecuencia de paso en ambas as dúas paradas é de 15 minutos. A través da app ViBus, ou da app Moovit podes informarte en tempo real de cando vai pasar o autobús que desexas. Descargando os seguintes arquivos tamén podes ver os horarios de paso do autobús polas dúas paradas.

 

    Para máis información consulta a web da empresa VITRASA.

 

Distribuir contido