VI Semana Matemática de Vigo

DE NOVO ARRASANDO COAS MATEMÁTICAS!!!

VI Semana Matemática de Vigo

O alumnado de 1º ESO participou o pasado 29 de abril no Obradoiro para alumnos, traballando con tangrams, pentaminós, policubo, xogos de estratexia, actividades coa calculadora e revoltallo matemático.

Tres alumnas e un alumno de 4º ESO, conseguiron o PRIMEIRO PREMIO da categoría 3º-4º ESO no Concurso Intercentos Ligamats, resolvendo problemas, xogos e tarefas relacionadas cos obradoiros. Os premios foron un diploma e un set de xogos de enxeño para cada participante e outro para o centro, que axiña estarán á vosa disposición na biblioteca.

Moitos parabéns a estas mentes prodixiosas!!!

Alba Fernández Blanco / Elia Fernández Blanco / Enrique Fernández Rodríguez / Paula García Oliveira