Feiras, exposicións

Inauguración de ARTELIXO en Chapela

 

 

Hoxe, 14 de abril ás 17:00, acto de inauguración de ARTELIXO no Paseo de Cardona, en Laredo (Chapela).

 

Ás 18:00 o IES Chapela presentará a súa obralixo en forma de trono literario.

 

 

                ACHEGÁDEVOS!

1º Mercado de Troco Modular

   

O 20 de decembro tivo lugar o 1º MERCADO DE TROCO MODULAR, organizado e xestionado polo alumnado do módulo de Destrezas Sociais do ciclo APSD Modular. A xornada foi exitosa, o alumnado trocou libros, filmes e música facendo uso das súas papeletas... aínda que algúns quedaron sen poder facelo, non trocaron xa que non achegaran nada antes! Mirade os datos: 159 libros, películas e música recollida; 89 trocos realizados; 17 persoas trocando. O alumnado que non trocou propón que se realice outro día de troco... cando o faremos? Esperamos que para a  próxima  non  quedes en "fóra de troco".

Mercado do Troco

   

O 14 de decembro, como estaba previsto, trocamos intensamente, tanto en horario diúrno como en horario adulto - oferta modular.

Intensamente traballaron tamén as profesoras da biblioteca para que todo estivese preparado e no seu sitio o xoves.

Toda a comunidade escolar achegouse á nosa feira e algúns que non trouxeron nada para intercambiar quedaron coas ganas.

Na próxima feira non te quedes en "fóra de troco".

Fotos do Día da Ciencia en Galego

LUME NUNCA MÁIS!

Grazas a iniciativa da profesora Mónica Puga, tedes a oportunidade de expresar no IES Chapela as vosas emocións, pensamentos, accións que hai que levar a cabo, informacións... en relación a vaga de lumes que asolou Galicia hai uns días. En forma de imaxes, reflexións escritas, datos sobre os incendios ou recollendo accións de voluntariado...

 

EXPRÉSATE!! Este panel que hai na entrada do instituto, é para ti!

Escaparate de farmacia

Día da Ciencia en galego - 2014

 

Actividades do Día da ciencia en galego (martes 4/11/2014) e da semana da ciencia no IES.

1. Martes dia 4 a partir das 12.30:  conferencia impartida polo investigador MOISÉS PÉREZ LORENZO

Nanotecnoloxía : o futuro e agora.

Alumnado de 4º ESO, 1º Bacharelato e 1º CM Farmacia.

2. Non é maxia, é ciencia......Experimentos no vestíbulo do IES durante tres recreos na semana.

 

 

 

  Experimentos realizadas polo alumnado nos recreos: 

  • luns 3 novembro: 2º recreo
  • mércores 5 novembro: 2º recreo
  • xoves  6 de novembro: 1º recreo
 

Imaxes blog do EDLG

 

Nova en Radio Redondela 94.9 FM

 

Faro de Vigo

Feira do troco / 17-12-2013

O troco é un sistema de intercambio de obxectos onde o valor que lle damos ás cousas é o seu valor de uso, e non o do seu prezo. Se hai algún obxecto que a ti xa non che serve, podes trocalo porque pode resultar útil e interesante para outra persoa. Trocar é útil, porque: compartimos, reutilizamos, combatemos o consumismo e comerciamos sen cartos.

FOTOS do TROCO PDF

 

EDLG - Do Big Bang ao LHC

Exposición "Do Big Bang ao LHC". Grazas a todas e todos. XA PODEMOS VER A EXPOSICIÓN EN GALEGO!

Luns no 2º Recreo, sorteo de premios entre o alumnado participante nas traducións.

Distribuir contido