Avisos, convocatorias |
|
|||
Xa están convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior. Estas probas están destinadas a aquelas persoas que queiran cursar un ciclo de FP e carezan dos requisitos académicos para acceder directamente. Deixámosvos aquí o calendario das probas. Tedes máis información nesta ligazón.
|
|||
|
|||
|
|||
O xoves 24 de febreiro a Volta Ciclista a Galicia pasará polo noso concello provocando o corte de tráfico entre Redondela e Vigo, afectando principalmente á estrada nacional 552 ata a Avenida de Vigo por onde continuará ata a Avenida de Galicia para proceder a súa entrada en Vigo. Dito corte abarcará previsiblemente desde as 14:00 ás 15:00. É por esta circunstancia, e de cara a asegurar a saída do instituto e a chegada do noso alumnado aos seus fogares, que os alumnos e alumnas de ESO e BACH abandonarán o centro escolar ás 13:10, hora na que serán recollidos e recollidas polo transporte escolar. Un saúdo. A dirección.
|
|||
Estimadas familias: Dirixímonos a vós para comunicar que o día 8 de marzo está convocada polo movemento estudantil unha folga de estudantes contra a violencia machista, a LGTBIfobia e o fascismo. Esta folga afecta a todo o alumnado, salvo aquelas ou aqueles que cursen 1º e 2º ESO. Acolléndose ao dereito de reunión, e celebrando a Xunta de codelegadas/os no IES Chapela en data de 22 de febreiro, o alumnado do Centro sumouse á decisión colectiva de non asistencia a clase. O alumnado que apoie a decisión colectiva de non asistencia a clase, non acudirá ao IES Chapela no día sinalado para realizar ningunha actividade. Como en situación de normalidade académica, ningunha alumna ou alumno menor de idade poderá abandonar o IES Chapela sen a autorización pertinente. As faltas de asistencia do alumnado que se sume á decisión colectiva de non asistencia a clase, consideraranse xustificadas. O alumnado que non se sume a esta convocatoria ten o dereito e o deber de asistir ao centro e recibirá clase normalmente. O profesorado proseguirá o desenvolvemento normal da materia. En ningún caso poderán realizarse exames, probas de avaliación ou recollida de traballos nestes días, sempre e cando algún alumno ou alumna do grupo onde se vaian realizar ou entregar, participe na decisión colectiva de non asistencia. Todo o alumnado menor de idade que participe desta decisión deberá contar cunha autorización da nai, pai ou titor-a cubrindo un modelo que poderá recoller en conserxería e que entregará á persoa titora. Sen outro particular reciba un cordial saúdo. Chapela, a 22 de febreiro de 2022 A DIRECCIÓN
|
|||
Información PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS GRAO MEDIO - 2022 Información PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS GRAO SUPERIOR - 2022
|
|||
23 de xuño: Avaliación Final. Publicación das cualificacións no abalarMobil ao longo do día. 15:00 - Ordinario / 22:00 Modular 24 e 25 de xuño: Presentación de reclamacións ata as 14:00. 28 de xuño: Resolución de reclamacións ás 10:00 - Ordinario / ás 18:00 - Modular. 28, 29, 30 de xuño, 1 e 2 de xullo: Período de matrícula 2º FP Ordinario / FCT modular.
|
|||
22 de xuño: Último día lectivo. As clases rematarán ás 12:10. Ás 12:30 o transporte escolar recollerá o alumnado. 23 de xuño: Avaliación Final Ordinaria. Publicación das cualificacións no abalarMobil ao longo do día. 24 e 25 de xuño: Presentación de reclamacións ata as 14:00. 25 de xuño: Alumnado ESO. Entre as 10:00 e as 13:00 as persoas titoras entregarán ás familias do alumnado de ESO que superou todas as materias, o boletín de notas, a avaliación de competencias e o consello orientador. De non superar algunha materia, non é obrigada a asistencia da familia pudendo o propio alumnado recoller o seu boletín de notas. 28 de xuño: Resolución de reclamacións ás 10:00. 28, 29, 30 de xuño, 1 e 2 de xullo: Período de matrícula.
|
|||
|
|||