Avisos, convocatorias |
12, 13 e 14 de maio: Exames finais. Durante estes días non haberá clase. O alumnado asistirá aos exames que precise realizar. 18 de maio: Avaliación Final Ordinaria ás 18:30, na Sala de profesorado. Publicación das notas no Abalar ás 20:00 h. 19-20 de maio: Presentación de reclamacións ata as 14:00 h. 19 de maio: Reunión informativa sobre a ABAU co alumnado. 21 de maio: Resolución de reclamacións ás 10:00 h. 24 de maio: Reincorporación ás clases. 4 de xuño: Último día lectivo. 8, 9 e 10 de xuño: Realización da proba de ABAU ordinaria. 16, 17, 18 de xuño: Exames da convocatoria extraordinaria. (Proporcionarase calendario no seu momento.) 23 de xuño: Avaliación Final Extraordinaria ás 9:00 h. Publicación das cualificacións no Abalar ás 10:00. 24 e 25 de xuño: Presentación de reclamacións ata as 14:00. 28 de xuño: Resolución de reclamacións ás 10:00. 13, 14 e 15 de xullo: Realización da proba de ABAU extraordinaria.
|
|||
Consultar no apartado de PROBAS LIBRES
|
|||
Dirixímonos a vós para comunicarvos que o 8 de marzo está convocada por varias organización estudantís unha folga de alumnado que afecta a todos os cursos salvo a 1º e 2º ESO. Acolléndose ao dereito de reunión, e celebrando a Xunta de codelegadas e codelegados no IES Chapela en data de 4 de marzo, o alumnado do Centro sumouse á decisión colectiva de non asistencia a clase en reivindicación dos dereitos da muller. O alumnado que apoie a decisión colectiva de non asistencia a clase, non acudirá ao IES Chapela o día sinalado para realizar ningunha actividade. Como en situación de normalidade académica, ningún alumno ou alumna menor de idade poderá abandonar o IES Chapela sen a autorización pertinente. As faltas de asistencia do alumnado que se sume á decisión colectiva de non asistencia a clase, consideraranse xustificadas. O alumnado que non se sume a esta convocatoria ten o dereito e o deber de asistir ao Centro e recibirá clase normalmente. O profesorado proseguirá o desenvolvemento normal da materia. En ningún caso poderán realizarse exames, probas de avaliación ou recollida de traballos nestes días, sempre e cando algún alumno ou alumna do grupo onde se vaian realizar ou entregar, participe na decisión colectiva de non asistencia. Todo o alumnado menor de idade que participe desta decisión deberá contar cunha autorización da nai/pai ou titor/a cubrindo un modelo que poderá recoller en conserxería e que entregará á persoa titora do grupo. Chapela, a 4 de marzo de 2021
A dirección
|
|||
O luns 22 de xuño realizaranse as avaliacións finais de ESO e BACH. A publicación das cualificacións en abalarMobil terá lugar tan pronto como sexa posible, sen necesidade de agardar ao martes 23 de abril ás 12:00 como estaba previsto. O motivo é a recomendación dos servizos técnicos da Consellería de que se publiquen as notas canto antes ante o temor dunha sobrecarga no sistema.
|
|||
19 de xuño: último día lectivo 22 de xuño: avaliacións 22 de xuño: publicación das cualificación en abalarMobil 23-25 de xuño: reclamacións de cualificacións ata as 12:00 25 de xuño: recollida de libros e entrega Consellos orientadores 2º e 3º ESO 26 de xuño: Resolución de reclamacións ás 10:00 (ESO-Bach-FP ordinario) / 18:00 (FP modular) 26 de xuño: recollida de libros e entrega Consellos orientadores 1º e 4º ESO 26 ao 30 de xuño: matrícula ESO e Bacharelato (preferentemente telemática) (Matrícula FP, pendente da publicación da Orde do procedemento de admisión)
|
|||
|
||||||||||||||
Hoxe 12 de marzo, en asemblea coas familias, alumnado e profesorado implicado na organización da excursión de fin de curso a Andorra, e ante a situación que estamos a vivir coa expansión do coronavirus, decidiuse suspender esta saída. Agradecemos o labor desenvolvido por todas e todos, especialmente pola profesora de Educación Física, Nuria Redondo, e o traballo incansable da ANPA no apoio ao alumnado, personificado en Beatriz e Graciela. Lamentamos esta suspensión, e agardamos que teñamos a oportunidade de realizar outra excursión ao final de curso. A dirección do IES de Chapela (12-3-20 / 19:00)
|
|||
A toda a comunidade educativa do IES de Chapela (12-3-20 / 16:00)
O Goberno da Xunta vén de anunciar hai unhas horas o peche dos centros dende o vindeiro luns 16 de marzo durante un período de 14 días. Mañá venres 13 de marzo o instituto permanecerá aberto e o alumnado poderá acudir ou non ao centro. É unha decisión voluntaria das familias e do alumnado maior de idade. A nova é coñecida pola dirección do centro a través dos medios de comunicación e aínda non contamos con instrucións da Consellería de Educación. En canto teñamos directrices claras e precisas da administración educativa comunicarémolas a través da páxina web do centro ou por medio da aplicación abalarmobil.
A dirección do IES de Chapela
|
|||
|
|||
Calendario exames de setembro ESO e Bacharelato Entrega de notas: xoves, 5 de setembro ás 11:00 na aula Reclamacións ás cualificacións Matrícula: do xoves, 5 de setembro ás 11:00, ao luns, 9 de setembro ás 14:00 - Información e documentación
|
|||