Novas

Novas relacionadas coa biblioteca

Libros solidarios - 2014

As bibliotecas de Redondela impulsan unha campaña de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade destinados a Cáritas Redondela.

Libros solidarios é o lema desta campaña de intercambio de libros por alimentos, na que participan as bibliotecas municipais, a biblioteca do Círculo Cultural  Recreativo de Chapela e as bibliotecas dos CEIP de Quintela, Santo Paio de Abaixo, Alexandre Bóveda, Laredo, do CEP Santa Mariña e dos IES  Chapela e Mendiño que son así mesmo os lugares de intercambio.

 
A campaña dará comezo o venres, 24 de outubro, por ser este o Día da Biblioteca, e rematará o 28 de novembro ou ata que se esgoten as existencias. A iniciativa está aberta a calquera cidadán que quera colaborar e, nos centros de ensino particularmente ás súas comunidades escolares, cambiando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene, tanto persoal como para o fogar, polos libros que encontrarán expostos nos distintos centros de intercambio. Os visitantes collerán o libro ou libros do seu interese e deixarán a cambio os produtos nos recipientes colocados para tal efecto.
 
Colaboradores : Biblioteca do CEIP San Salvador de Teis, Fundación Filomena Rivero Alonso e El Patito Editorial
 
Na foto, a presentación da campaña coa presencia das bibliotecarias dos centros participantes e dalgún dos colaboradores.
 

 

Mercado do Troco - 2010

Día do Libro - 2010

Mercado do Troco - 2009

Blog da Biblioteca do IES Chapela

Un pequeno oco no cyberespacio para que nos escribas os teus comentarios sobre os libros que liches e que máis che gustaron. Non dubides en falar coas túas profesoras e profesores do tema, móstralles os comentarios ou traballos elaborados no teu caderno de clase e logo colgarémolos neste blog. É moi sinxelo!. 

Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística. Curso 2007/08.

Blog

Distribuir contido