O pasado 26 de marzo o profesorado e o alumnado de 1º de CFGM de APSD organizou una Xornada de Convivencia coa Asociación Galega San Francisco-AGASFRA.
Realizaron actividades moi diversas: un percorrido polo instituto coa visita á Aula de Música e concerto do alumnado 2º ESO C, unha visita á Aula de Farmacia e observación de experimentos e a realización nun Obradoiro de Coiro en APSD cunha gran merenda de convivencia.
Desde o Departamento de Servizos queremos agradecer a Loli, profesora de música e ó alumnado de 2º ESO C así como a Mª José, profesora do CFGM de Farmacia e Parafarmacia e ó alumnado de primeiro curso. Tamén o noso agradecemento as alumnas que realizan as prácticas do Master de Profesorado no noso Departamento pola súa gran colaboración.
Estamos xa agardando a próxima xornada de convivencia con AGASFRA, grazas pola vosa visita!!!