Actividades |
O martes 7 de maio, da man do Dpto. de Lingua castelá, visitounos a escritora Sonia Mirón para falar ao alumnado de 4° ESO do seu proceso creativo e das súas novelas. Un pracer contar con ela.
|
|||||
As alumnas do 2º curso do CS de Documentación e Administración Sanitarias Sara Novo e Nerea Bueno, xunto coa profesora María del Mar Prieto, asistiron o pasado 18 de xaneiro á sesión formativa en técnicas de Design Thinking, que se desenvolveu no CIFP Manuel Antonio, como membros do equipo de InnovaTechFP. Deste equipo, que representa ao IES de Chapela no devandito programa, forman tamén parte os alumnos Adrián Blanco e Gonzalo Fernández, do mesmo ciclo formativo.
|
|||
O xoves 20 de abril, os CEIP Alexandre Bóveda, Laredo e Igrexa e o IES de Chapela xuntáronse para compartir unha xornada de xogos populares. O encontro volveuse a celebrar este curso tras varios anos de parón pola pandemia, e nel o alumnado puido achegarse a distintos xogos tradicionais como as chapas, a petanca, a ra, os bolos celtas ou o pano, entre outros. A cargo destes xogos estivo o alumnado do Ciclo Superior de FP de Educación Infantil do IES de Chapela, que exerceu un labor de organización e dirección das actividades lúdicas baixo a supervisión da súa profesora Eva Cortegoso Villar. O resto de profesorado participante dos distintos centros educativos fixo tamén posible o correcto desenvolvemento da xornada grazas á súa grande implicación.
Ademais de promover a recuperación dos xogos tradicionais da cultura popular galega, a finalidade desta iniciativa foi dar a coñecer ao alumnado de 6° de Primaria de Chapela o seu futuro instituto dunha forma lúdica. Así mesmo, pretendeuse poñer a estas nenas e nenos en contacto co alumnado actualmente en 2° da ESO, que o vindeiro curso xogará un papel moi importante de acompañamento ao novo alumnado do instituto. Concretamente, o IES de Chapela ten previsto pór en marcha no curso 2023-2024 un programa de mentorización entre iguais, coordinado polo Departamento de Orientación que dirixe Tamara Bermúdez Garea, polo cal o alumnado de 3° da ESO servirá de apoio e guía ao alumnado entrante de 1° da ESO. Búscase deste xeito facilitar a adaptación do novo alumnado ao centro e promover unha convivencia positiva baseada nas relacións de coidados mutuos.
|
||||||
O alumnado de 1º da ESO do IES de Chapela participou o pasado 28 de febreiro nunha xornada de waterpolo no Centro de Deportes Acuáticos de Chapela xunto a alumnado doutros centros educativos de Primaria e Secundaria da contorna. Esta iniciativa enmárcase no programa "Auga Aula", promovido polo profesorado de Educación Física.
|
||||
Neste curso 22-23, e coordinado polo departamento de Inglés, un grupo de alumnas e alumnos de 3º ESO están a levar a cabo un intercambio en liña co Instituto Rocha Peixoto de Póvoa de Varzim (Portugal). O primeiro encontro produciuse o pasado 1 de Marzo. Neste primeiro contacto, o alumnado presentouse e falou sobre o lugar no que viven, a súa contorna e as suas afeccións. O feito de empregar o inglés como lingua vehicular fóra da aula resultou moi interesante, e en vindeiras reunións charlaremos sobre algún tema maís específico traballado previamente.
|
|||
O IES de Chapela organiza a cuarta edición do seu Torneo de Xadrez, que se desenvolverá ao longo dos meses de febreiro e marzo durante os recreos. O alumnado interesado en participar no torneo deberá formalizar a súa inscrición antes do xoves 26 de xaneiro na conserxería do centro.
|
|||||||||
Dende o equipo directivo, e en estreita colaboración coa renovada dirección da ANPA do centro, queremos propor a posibilidade de realizar dúas actividades extraescolares neste curso académico para o noso alumnado. Ditas actividades son o teatro e o baile moderno. Con estas actividades preténdese, entre outros obxectivos, o de fomentar a inclusión e mellorar as habilidades sociais así como a psicomotricidade do noso alumnado. Por dito motivo pedimos a máxima difusión entre o alumnado e as familias e convidamos ao alumnado interesado nestas actividades a unha reunión o venres 30 de setembro nos recreos na aula de conferencias. Nesta reunión analizaremos a viabilidade da posta en marcha así como o día e hora proposta para cada actividade no caso de existir un mínimo de alumnado interesado. As persoas interesadas na actividade de baile que acudan a dita aula no primeiro recreo (10:10). As persoas interesadas na actividade de teatro que acudan a dita aula no segundo recreo (12:10).
|
|||
|
|||
|
|||
Como todos os anos, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración cos departamentos didácticos de ciencias preparou unha programación de actividades para conmemorar o MES DA CIENCIA EN GALEGO co obxectivo de visibilizar que a nosa lingua é perfectamente válida para o traballo científico. Adaptándonos á situación excepcional na que nos atopamos, as conferencias realízanse de forma virtual e o alumnado asiste a elas desde o seu posto na aula. En canto á habitual Feira Científica, reformúlase en nove vídeos gravados polo alumnado aos que podes acceder na canle de youtube do EDLG de Chapela ou directamente premendo sobre cada un deles.
|
|||