Proxecto de vida activa e deportiva- Curso 2022/23

XXVII MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS

 

PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, DEDICADO ESTE ANO A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, O DÍA 19 DE MAIO OS CENTROS EDUCATIVOS DE CHAPELA (CEIP IGREXA, CEIP ALEXÁNDRE BÓVEDA, CEIP LAREDO E IES CHAPELA) CELEBRAMOS O XXVII MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS NA ZONA DO CEIP LAREDO E PRAIA DE AREALONGA.

ÁS 9:20 DA MAÑÁ ALUMNADO E PROFESORADO DO IES BAIXAREMOS A LAREDO. O ALUMNADO DOS CEIP COMEZARÁ A CARREIRA ÁS 10:30 H E A QUENDA DO ALUMNADO DO IES CHAPELA SERÁ ÁS 12:30 H. AO REMATAR A ACTIVIDADE, OS AUTOBUSES SAIRÁN DA ALAMEDA ÁS 14:00 H. 

PODERANSE COMPRAR AS CAMISETAS A PARTIR DO LUNS 15 DE MAIO NO VESTÍBULO AO PREZO DE 4 €.

ESTE ANO O MARATÓN TEN ADEMAIS UN CARÁCTER SOLIDARIO COLABORANDO COA ONG UNICEF. PODES FACER A TÚA ACHEGA DESDE AQUI OU NO IES, para apoiar o traballo que realiza UNICEF en materia de auga, saneamento e hixiene en todo o mundo. Por pequena que sexa a aportación que cada participante poida facer, todos contribuimos ao dereito ao auga da infancia. ¡Moitas grazas por contribuir!

Ver o minuto a minuto #maratonletrasgalegaschapela #GotasUNICEF

FAI A TÚA DOAZÓN

 

Podes consultar o percorrido neste enlace.

 

26 ABRIL DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Hoxe en Chapela celebramos o día da Educación Física na Rúa #DEFR!!

Na súa XIII edición o IES Chapela e o CEIP Laredo trasladamos a aula á rúa, á praia ao parque… Saimos dos centros para darle movemento ao corpo e lembrar a importancia da actividade física para nosa saúde para o benestar físico e mental.

Somos un dos 1049 centros e 170.000 alumnos e alumnas en sumarnos a esta iniciativa que comezamos no confinamento e agora voltamos a practicar ao aire libre. GRAZAS A TOD@S!!! +EF!!

Pica aquí para ver mais fotos.

 

O día da Educación Física na rúa, no Faro de Vigo

Celebración dos Xogos Populares

O xoves 20 de abril, os CEIP Alexandre Bóveda, Laredo e Igrexa e o IES de Chapela xuntáronse para compartir unha xornada de xogos populares. O encontro volveuse a celebrar este curso tras varios anos de parón pola pandemia, e nel o alumnado puido achegarse a distintos xogos tradicionais como as chapas, a petanca, a ra, os bolos celtas ou o pano, entre outros. A cargo destes xogos estivo o alumnado do Ciclo Superior de FP de Educación Infantil do IES de Chapela, que exerceu un labor de organización e dirección das actividades lúdicas baixo a supervisión da súa profesora Eva Cortegoso Villar. O resto de profesorado participante dos distintos centros educativos fixo tamén posible o correcto desenvolvemento da xornada grazas á súa grande implicación.
 
Ademais de promover a recuperación dos xogos tradicionais da cultura popular galega, a finalidade desta iniciativa foi dar a coñecer ao alumnado de 6° de Primaria de Chapela o seu futuro instituto dunha forma lúdica. Así mesmo, pretendeuse poñer a estas nenas e nenos en contacto co alumnado actualmente en 2° da ESO, que o vindeiro curso xogará un papel moi importante de acompañamento ao novo alumnado do instituto. Concretamente, o IES de Chapela ten previsto pór en marcha no curso 2023-2024 un programa de mentorización entre iguais, coordinado polo Departamento de Orientación que dirixe Tamara Bermúdez Garea, polo cal o alumnado de 3° da ESO servirá de apoio e guía ao alumnado entrante de 1° da ESO. Búscase deste xeito facilitar a adaptación do novo alumnado ao centro e promover unha convivencia positiva baseada nas relacións de coidados mutuos.
 
 
 

26 ABRIL DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

VISITA A FERROL E AS FRAGAS DO EUME. PROXECTO TERRA

Dende o departamento de Educación Física solicitamos a participación nesta actividade do Proxecto Terra e tivemos unha oportunidade de coñecer a cidade de Ferrol, o seu museo de construción naval, a súa arquitectura, a súa orografía e xeografía cun paseo pola ría ata Mugardos e a súa importancia na vida militar e naval. Tamén visitamos o castelo de San Felipe como fortín de defensa e o Ferrol Vello.

   

 

Despois, aloxámonos no albergue Alvarella, onde nos trataron moooi ben e aprendimos como pode ser un albergue biosustentable.

 

 

Finalmente, o venres visitamos o Museo Etnográfico da Capela, onde puidemos aprender un montón de cousas sobre como era a vida hai uns cantos anos...

 

 
   

 

E como colofón, fomos camiñar polas Fragas do Eume, para coñecer este marabilloso e encantado parque natural. Unha bonita viaxe e unha moi boa experiencia. Grazas a tod@s!!!

VIAXE A ANDORRA IES CHAPELA 18-25 MARZO 2023

POR FIN CHEGOU O ESPERADO MOMENTO!! MARCHAMOS Á NEVE E PASÁMOLO XENIAAAL! APRENDIMOS, CONVIVIMOS, COÑECIMOS, VIAXAMOS, RIMOS... UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE. MOITAS GRAZAS A TOD@S.

PODES VER A HISTORIA COMPLETA PICANDO AQUÍ.

 

CARREIRA DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA XOGADE (7/3/23)

O martes 7 de marzo participamos nunha carreira de orientación na zona do IFEVI. 

   
   
   
   

Pica aquí para ver mais fotos. 

CARREIRA DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA NO IES CHAPELA.

 

PROGRAMA REPARTO DE LEITE E FROITA NOS RECREOS

DURANTE OS RECREOS DO MES DE XANEIRO E FEBREIRO REPARTIUSE LEITE E FROITA PARA O ALUMNADO DO IES CHAPELA. A RESPOSTA FOI MOI BOA!! COMEMOS MAIS FROITAS!

XORNADA DE WATERPOLO NA PISCINA DE CHAPELA

O martes 28 de febreiro o alumnado de 1º curso do IES Chapela xunto co alumnado dos CEIPs de Chapela: Igrexa, Alexándre Bóveda e Laredo tiveron a oportunidade de disfrutar dunha estupenda xornada de deporte acuático, de iniciación ao deporte do waterpolo na piscina de Chapela. Alí xuntámonos case 100 rapaces e rapazas que coa colaboración do Concello de Redondela, a piscina municipal e promovido pola escola de iniciación ao Waterpolo de Chapela con Carlos Cayado ao frente brindáronnos a oportunidade de coñecer este apasionante e divertido deporte e de practicar un montón de actividade física. Pasámolo xenial na auga levando as clases á auga. Repetiremos seguro!!

Distribuir contido