O martes 28 de febreiro o alumnado de 1º curso do IES Chapela xunto co alumnado dos CEIPs de Chapela: Igrexa, Alexándre Bóveda e Laredo tiveron a oportunidade de disfrutar dunha estupenda xornada de deporte acuático, de iniciación ao deporte do waterpolo na piscina de Chapela. Alí xuntámonos case 100 rapaces e rapazas que coa colaboración do Concello de Redondela, a piscina municipal e promovido pola escola de iniciación ao Waterpolo de Chapela con Carlos Cayado ao frente brindáronnos a oportunidade de coñecer este apasionante e divertido deporte e de practicar un montón de actividade física. Pasámolo xenial na auga levando as clases á auga. Repetiremos seguro!!
|
|||