Premios, concursos

Concurso de Fotografía Matemática no IES Chapela

   

Alicia Bouza (Educación Infantil) recolle o primeiro premio de mans da profesora Eva Cortegoso.

 

Premio Extraordinario de FP de Grao Superior - 2017

     

A nosa alumna Sandra Dapena Hortas (Educación Infantil), obtén o Premio Extraordinario de Formación Profesional de Grao Superior correspondente ao curso 2015/16.

MOITOS PARABÉNS de toda a comunidade educativa do IES Chapela.

ABAU 2017

100% de APROBADAS E APROBADOS NAS PROBAS ABAU !!!

 

Moitos parabéns a Iria, Claudia, Manuel, Daniel, Xenxo, Isaac, Carlos e Iago.

Concurso Deseño Camiseta XXI Maratón das Letras Galegas

 

 

 

 

Xa chegou a primavera e dentro de nada estaremos correndo o XXI Maratón das Letras Galegas. Este ano tes a oportunidade de deseñar unha camiseta que portaremos todas e todos na carreira, como vén sendo costume desde hai 20 anos.

           

 

 

 

 

Se é do teu interese, aquí podes descargar as bases do concurso nun PDF.

 

BASES do CONCURSO

 

Ánimo e participa!

 

Xenxo Ortega - Gañador III Concurso Música Tradicional "Fogo Fatuo"

O noso alumno Xenxo Ortega Rolán (2º Bacharelato) gaña co cuarteto Chispas Nejras o III Concurso de Música Tradicional "Fogo Fatuo" en Rianxo.

Aquí vos deixamos o momento da súa participación, na que tocaron Algo pasou na coitivada e Baixando para Francón, composicións de Pablo Fernández Rial.

A desfrutar delas! Este Xenxo vai dar moitas alegrías á música galega.

 

Entrega de premios do III Campionato de Xadrez - 2016

1º premio: Uxío Albá Oreiro 2º premio: Adrián Durán Sánchez 3º premio: Samuel Sarandeses G.

Premio Nacional Vicente Ferrer de Educación

O 9 de Setembro de 2015, a orientadora do IES Chapela Esther Mato, asistiu ao acto de recollida do premio en Madrid. O premio recoñece o labor do alumnado e profesorado do IES de Chapela dos cursos 1º e 3º ESO, 4º PDC, 2º CM APSD e 2º CS Educación Infantil. No mesmo proxecto participou a profesora Laura López do CS de Son do IES Audiovisual de Vigo. Moitos parabéns ás dúas! E moitos parabéns a todas e a todos pola forma de entender a Educación para o desenvolvemento, na procura dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

 

 

Nova no Faro de Vigo

Web do Ministerio (AECID)

Vídeo explicativo dos premios

SELECTIVIDADE 2014

100% de APROBADAS E APROBADOS NA SELECTIVIDADE !!!

 

Moitos parabéns a todas e a todos.

Premio de Innovación en Dinamización Lingüística

 A Consellería de Educación premia o proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística ESCOITANDO A TERRA

Os IES Chapela de Redondela e o Audiovisual de Vigo veñen de ser premiados pola Consellería de Educación grazas a un proxecto conxunto de Innovación en Dinamización Lingüística. O IES Chapela coordinou as diferentes actividades e á segunda delas, á gravación do videoclip Terra, uniuse o IES Audiovisual de Vigo.

Nota de prensa

Descargar Fotos

 

Ligamats 2014, Diploma

Con motivo de IMATXINA, X  Semana Matemática de Vigo, o  IES CHAPELA  participou na LIGAMATS 2014

O Equipo 1 da Categoría B pasou á final do mércores 19 de marzo, quedando no 4º posto e conquerindo un DIPLOMA

 

Categoría B-Equipo 1 (1º ciclo ESO)

Categoría B-Equipo 2 (1º ciclo ESO)

Categoría C (1º ciclo ESO)

UXÍO ALBÁ OREIRO

JULIO ALONSO RODRÍGUEZ

IGNACIO GARCÍA VÁZQUEZ

ANIA LAMPÓN SANTO

DAVID BOTELLO RODRÍGUEZ 

PABLO BOTELLO RODRÍGUEZ  

CARLOS GARCÍA ALONSO 

JAVIER LAMPÓN SANTOS

DANIEL URBINA NÚÑEZ 

DAVID SOLER GARCÍA 

IAGO FERREIRO ARES 

ANXO JORGE TOBIO

 

O venres 21 de marzo, acudiron á fundación Barrié ao acto de clausura da semana matemática, onde ademais da recollida de premios e diplomas, puideron desfrutar de actuacións e ver como quedou a Esponxa de Menger.

 

Distribuir contido