Premios, concursos |
|
|||||
Claudia Rivas Guisande, alumna de 3º ESO do IES Chapela, acadou o 2º Premio no concurso CIENCIA QUE CONTA, co seu relato As cores do gris. A lectura da Acta do Xurado e a entrega de premios tivo lugar o sábado 14 de decembro ás catro da tarde na Gala de Entrega. Todos os relatos seleccionados –premiados e non premiados- están propostos polo Xurado para seren incluídos no libro colectivo Ciencia que conta 2013. Relatos PREMIADOS Libro en PDF cos relatos premiados
Fotos na entrega de premios.
|
|||
Dos 300 proxectos elixidos entre 1276 grandes ideas de "Think Big Jóvenes", o de Noelia Méndez Vázquez de 4º PDC está entre eles, e poderá ver como a súa idea comeza a facerse realidade. PARABÉNS! http://thinkbigjovenes.fundaciontelefonica.com/descubre-las-ideas/fundacion-arte-a-lo-bestia/ Entrevista no Faro de Vigo
|
||||||||||
A asociación cultural Froles Mareliñas de Chapela entregou os premios do concurso de contos. Os gañadores foron Elia Lamarca Doval (Vigo) na categoría infantil; Claudia Rivas Guisande (Chapela) en xuvenil; e Violeta López Landín (Salceda de Caselas) en adultos.
|
|||
|
|||||
Alumnado do IES Chapela gaña o Rally de Ciencias-FQ e Matemáticas e representará a Galicia na final europea de Toulouse.
|
|||
Alba e Elia Fernández Blanco, alumnas de 2º de bacharelato no curso 2011/12, reciben 11 de marzo de 2013 o Premio de Excelencia Académica da Universidade de Vigo. Aí están, no centro da imaxe, xunto aos restantes estudantes de primeiro curso agasallados. Un IPAD foi o premio que recibiron polo seu alto rendemento no bacharelato. Moitos parabéns.
|
|||
Santiago, 10 de abril de 2013. Primeiro premio na final galega. Parabéns a todas e a todos. Nova no Faro de Vigo.
|
||||||||
O pasado 20 de decembro, o Xurado do "III Concurso de Buenas Prácticas Educativas"convocado pola Asociación Mejora tu Escuela Pública, en colaboración coa Fundación La Caixa, otorgou premios a oito centros públicos do Estado polas súas boas prácticas educativas. O IES de Chapela acadou o segundo premio na modalidade B, polo proxecto "Necesitamos entender a educación desde a diversidade para lograr a igualdade". O traballo foi realizado polas nosas compañeiras Esther (orientadora) e Lucía (PT). Parabéns. Nova no Faro de Vigo. Sábado 12 de xaneiro de 2013.
|
|||
O martes 6 de novembro de 2012 tivo lugar en Ourense a entrega de premios do IV Certame OUFF Escola, no marco do XVII Festival Internacional de Cine de Ourense. Entre as 46 obras participantes na categoría “Secundaria e ensino non universitario” o xurado decidiu darlle o 1º premio ao lipdub EU FALAREI do IES de Chapela. Con este premio o xurado recoñece o traballo coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chapela no que participou toda a comunidade educativa no pasado mes de xuño e que deu lugar á gravación do lipdub EU FALAREI. Foron recoller o premio a Ourense 53 persoas, alumnado e profesorado do IES Chapela, que dedicaron o premio a toda a veciñanza de Chapela “que se identificou co proxecto e hoxe canto orgullosa EU FALAREI”. Eu Falarei nos medios. Nova no Faro de Vigo.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »