Para rematar as actividades programadas para o venres 21 de xuño, celebramos unha xincana na que competiron, por equipos, os alumnos , alumnas, profesores e profesoras de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.
Por último, aproveitamos a xornada para entregar os premios e recoñecementos ao alumnado e profesorado que participou nos distintos proxectos que se desenvolveron durante o Curso 18/19.