O 8 de marzo de 2012 tivemos a sorte do contar novamente entre nós con José Antonio Torres, membro de Bombeiros sen Fronteiras [BsF], esta vez para falarnos da situación da muller aquí e nas distintas partes do mundo. Coñecedor de moitas realidades sociais pola súa colaboración en tarefas humanitarias en diferentes países e defensor dos Dereitos Humanos [DDHH], axudounos a desvelar as ENTRETELAS DA DESIGUALDADE, desmontar prexuízos con respecto a outras culturas, recoñecer os nosos comportamentos machistas e dar un paso máis cara á concienciación da necesidade de valorar e respectar ás mulleres.
Unha vez iniciada a súa intervención, e cando xa nos tiña a todas e a todos interesados coas súas historias ao longo do mundo, sacou unha prenda traída de Afganistán. A través dela entendemos un pouco máis as entretelas da desigualdade. O interese dista charla centrouse en que todas e todas déramos un paso máis cara a unha sociedade máis igualitaria, porque o machismo é unha actitude e unha conduta, individual ou colectiva, que pode ser modificada pouco a pouco a través da educación.
Entretelas. Conxunto de circunstancias ou sentimentos máis ocultos e íntimos.
FOTOS en PDF