Actos, Día de |
|
|||
Dende o Ciclo Superior de Integración Social, con motivo da celebración, o próximo 25 de Novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, estanse a organizar unha serie de actividades, das que queremos informar para animar a toda a comunidade a participar das mesmas. Luns 23 estará instalado no vestíbulo do centro un Mural no que se formula unha pregunta: Que é para ti a violencia de xénero? O propósito deste mural é invitar á reflexión, buscando a participación colectiva, escribindo cada quen no propio mural aquelas cousas que considere que son violencia contra a muller ou o seu propio concepto de violencia contra a muller. Tamén haberá algúns pequenos carteis con frases de personaxes célebres, que pretenden convidarnos a pensar. Martes 24, colocaranse algúns carteis máis que representan unha selección de mulleres cun papel relevante para todas e todos nós, animámosvos a coñecelas. Mércores 25 farase unha concentración silenciosa diante do mural interactivo no tempo do recreo da tarde. Á súa finalización procederemos á lectura dun Manifesto. Xoves 26 proxectarase, durante o recreo, unha presentación con vídeo e música, amosando a perspectiva de xénero na música. Venres 27, proxectarase un vídeo para fomentar a visibilidade sobre o tema da violencia contra a muller e colgarase no mural interactivo unha definición oficial sobre a violencia contra a muller. O alumnado do CS Integración Social confía en que vos guste esta inciativa e que vos animedes a participar. CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PARA FACER DESTE PEQUENO ACTO ALGO SIGNIFICATIVO QUE MOSTRE A CONCIENCIACIÓN E PARTICIPACIÓN DE TODO O IES Chapela. Fotos da lectura do manifesto
|
|||
O 15 de xuño de 2015 recibimos a visita do alumnado de 6º EP ao IES CHAPELA [CEIP A. BÓVEDA, CEIP IGREXA E CEIP LAREDO].
|
|||
O 12 de xuño de 2015 a comunidade educativa do IES Chapela rendeu homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao cunha lectura conxunta dun fragmento do Sempre en Galiza, unha actuación musical e a inauguración dun mural realizado polo alumnado do IES de Chapela. Foi organizado polo EDLG do IES.
|
|||
|
|||
Acto de lembranza martes 10 de Febreiro de 2015 ás 17:00 no Multiusos do Piñeiral do Crego
|
|||
Actividades desenvolvidas o día 3/12/2014 co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Organización: Olga Estraviz, Marta Pardavila, Elena Vázquez e alumnado de 2º APSD. Entidades participantes: Asociación Juan María (Nigrán), Down Vigo e Discade (Discapacidade e Defensa). Agradecemento: a Teresa Dacuña pola súa colaboración cedendo ao alumnado de 4º ESO A. Alumnado participante: 1º e 2º APSD (diúrno), 1º Educación Infantil (diúrno) e 4º ESO A.
|
|||
20 Novembro - Día dos Dereitos do Neno / OBRADOIROS no vestíbulo do IES
|
|||||
|
|||
Fotos das actividades realizadas polo alumnado de APSD no vestíbulo do IES, co gallo do día do coidador o pasado 5 de novembro.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »