O 26 de setembro conmemórase o Día Europeo das Linguas e na área de Lingua Inglesa non quixemos desaproveitar a ocasión para reflexionar sobre as linguas que nos rodean, o valor que supón poder falar máis dunha e familiarizarnos cos países, bandeiras, capitais e linguas do noso continente.
Así, por equipos, investigamos sobre un país europeo e coa información obtida elaboramos un glosario común na aula virtual onde poder consultar toda a información recollida polos compañeiros/as e tamén decoramos un mural co mapa de Europa que expuxemos no corredor.
Non sabíamos que en Europa se falaban tantas linguas!!! E vós, sabedes cantas linguas se falan en Europa?