eTwinning

Os nosos proxectos eTwinning na prensa

Hai dous cursos comezamos a participar nos Proxectos Europeos eTwinning e, dende aquela, collémoslle o gusto e non deixamos de aprender e colaborar con escolas de toda Europa. Esta semana, o Faro de Vigo, fíxose eco dalgúns destes proxectos que desenvolvemos no noso centro. 

Facede clic na imaxe para ler a nova: 

E á semana seguinte, publicaron fotos nosas lendo o xornal na súa galería de imaxes.

 

Halloween snapwords

In order to learn and practise Halloween vocabulary we created snapwords, that is, a combination of words and pictures that help us guess meanings.

Then, we shared them with our colleagues from the eTwinning project "Web 2 English".

 

Can you guess the meanings of all these words?

Wordclouds

What's your favourite word in your mother tongue? How do you say that word in other languages?

Here are some of our beautiful words in Galician. We created wordclouds with them and their equivalents in other languages.

Then, we shared with our Etwinning colleagues from "L@ngu@ges4all"

Día Europeo das Linguas

Os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria gravaron estas mensaxes para compartir con outros alumnos/as de toda Europa con motivo da conmemoración mañá, 26 de setembro, do Día Europeo das Linguas.

Estas formarán parte dun video máis longo no que escoitaremos a diversidade lingüística que nos rodea. FELIZ DÍA EUROPEO DAS LINGUAS! HAPPY EUROPEAN DAY OF LANGUAGES! 

 

Valentine's Day cards

We start February making and writing Valentine's Day cards for our penpals.

 

Penpals 2019/2020

Our contacts with schools in the UK.

Christmas cards

O alumnado de 2º de Primaria intercambiou postais de Nadal con alumnos/as do colexio Blackshaw Primary School de Bolton, preto de Manchester (UK).

Aquí están as que nós escribimos...

 

... e as que eles nos enviaron.

 

Recoñecementos para o noso proxecto eTwinning de robótica

Se hai pouco nos concedían un recoñecemento a nivel nacional polo proxecto eTwinning "Robot European Dance" levado a cabo o curso pasado en 4º de Primaria, agora a prestixiosa plataforma galardóanos co Selo de Calidade Europeo e felicita ao alumnado, profesorado e centro polo excelente traballo realizado. Parabéns!

Así mesmo, o pasado sábado 19 de outubro, unha representación de alumnos/as e profesores acudía á EGAP (Escola Galega de Administración Pública) para presentar o seu traballo ante docentes de toda Galicia e mesmo ante a Conselleira de Educación. Aquí podedes ver a súa presentación Rachando fronteiras, imos a +

 

E tamén tedes algunha foto da xornada no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Rachando fronteiras, imos a +

Xornadas Internacionaliza a túa escola: Erasmus+, E-Twinning e outras propostas

19/10/2019 19:19

O CEIP Plurilingüe de Sigüeiro participará mañá, sábado 19 de outubro, nas Xornadas Internacionaliza a túa escola: Erasmus+, Etwinning e outras propostas que se celebran na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.

Tamara Carreira e os alumnos Roque Pérez e María Colinas presentarán o proxecto "Robot European Dance" recoñecido co selo de calidade nacional que levaron a cabo o curso pasado xunto con outros centros, así como outras propostas e actividades para facer do noso centro un cole internacional.