Outubro 2019
Xa se pode admirar, por todos os recunchos do centro, a nosa tradicional exposición de cabazas.
Elaboradas con gran mestría por parte do alumnado e das súas familias... Son espléndidas obras de arte!
Busca a túa!
Na xornada de hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazouse ata o teatro da Fundación Abanca para asistir ao espectáculo teatral "Troya" sobre os fraudes tecnolóxicos e os timos a través dos dispositivos móviles e a internet.
Hoxe, martes 22 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazouse ata a Cidade da Cultura en Santiago de Compostela para visitar a exposición "ARGALLAR" que xa visitaran antes máis compañeiros/as do cole.
Alí, a través do xogo, exploraron diferentes materiais e como aplicalos á arquitectura mediante a construcción e deconstrucción. Máis fotos no seguinte álbum:
Salida o Teatro Principal en Santiago, 16 Outubro de 2019, a XXIV edición do Festival Internacional Galicreques.
Este mercores, os alumnos e alumnas de 6º de infantil, achegáronse ata o Teatro Principal de Santiago para asistir ao espectáculo de música e monicreques "Pazzzzzz". Representado pola compañía La mar de marionetas.
A Nena do fío texe os seus mundos oníricos para atopar A Paz, soña con Mens, un neno con un enorme ovillo sobre a sua cabeza do que quere librarse. Para elo, emprende un viaxe sideral buscando respostas os seus problemas.
O venres, 18 de outubro, o alumnado de 1º de Educación Primaria achegouse ata a Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, para visitar a exposición ARGALLAR, na cal divertíronse e aprenderon xogando coa arquitectura.
Outubro 2019
Este xoves, día 17 de outubro, os alumnos e as alumnas de 3º e 4º de Primaria visitaron ARGALLAR, unha exposición para xogar coa arquitectura.
Esta exposición realízase na Cidade da Cultura e nela puideron construír e reconstruír con posibilidades infinitas e ilimitadas a través do xogo.
No seguinte enlace podedes atopar máis información sobre a exposición.
Os alumnos e alumnas de 5º de infantil, asistiron o CSC Santa Marta en Santiago, para participar na obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", proposta pola compañia A Xanela do Maxín.
A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…
Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena.
O martes, 8 de outubro, o alumnado de 2º de primaria visitou a exposición Argallar na Cidade da Cultura. Alí puideron xogar coa arquitectura construíndo diferentes formas xeométricas coma cubos ou pirámides. Pasárono xenial!
A partir do mes de outubro comezamos a dinamizar os tempos de lecer con diferentes actividades durante o recreo:
- Luns: Fútbol para 1º e 4º de Primaria.
-Martes: Hortorecreos e fútbol para 2º e 5º de Primaria.
- Mércores: Hortorecreos e fútbol para 3º e 6º de Primaria.
- Xoves: Botamos un baile? no pavillón e día sen balón no patio.
-Venres: Let's Sing A Song na aula de inglés e día sen fútbol no patio.
Ademais...
Toda a semana: caixón de xogos populares e de mesa, e lectura e empréstito de libros na biblioteca.
Setembro 2019
Este martes, día 24 de setembro, volvemos a desfrutar no centro da recolleita da nosa horta. Xa sabedes que estades convidados e convidadas a visitarnos e mercar estes produtos tan saborosos...!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
CEIP de Sigüeiro - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2016 |