Xornadas, obradoiros

Obradoiro de cociña

Las Mariposas. 25 de novembro

Las Mariposas. 25 de Novembro. Vídeos gravados na aula.

LAMBONADAS DE CORES (3ª Sesión - Final)

Deixámosvos aquí, para que o disfrutedes, un pequeno resumo da derradeira sesión do Proxecto Lambonadas de Cores. Nesta sesión de clausura, baixo o título “Rimos e Xogamos a cachón”, as e os cativos que se achegaron ata Biblioteca puideron desfrutar dunha intensa tarde de Xogos Infantís. Esta pequena aventura, elaborada de principio a fin polo alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil Modular, chega á súa fin. Foi, sen dúbida, un proxecto cargado de traballo duro, ilusión, nerviosismo, cooperación, moito éxito e, sobre todo... de aprendizaxe. Unha aprendizaxe de calidade, desde a práctica, que de seguro permanecerá na súa memoria como un formidable recordo da súa andaina formativa polo IES de Chapela. NORABOA a todo o alumnado polo fantástico resultado desta iniciativa e polo enorme esforzo que a todas e todos supuxo. Sodes auténtic@s profesionais!!

 

LAMBONADAS DE CORES – 2ª parte

    2ª Sesión do Proxecto “Lambonadas de Cores” do alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil (Modular) do IES de Chapela en colaboración coa Axencia de Lectura Municipal de Chapela sita no Multiusos do Piñeiral do Crego. Nesta ocasión as alumnas levaron a cabo un Obradoiro con material de refugallo, baixo o título de “Crea e imaxina”. O vindeiro Mércores día 30 de Maio, ás 18:00 horas, terá lugar a derradeira sesión de este proxecto socioeducativo: “Rimos e Xogamos a cachón” (Xogos infantís). Pero mentres tanto podedes ir disfrutando do estupendo resultado da 2ª sesión!!. Pica para ver o vídeo

 

LAMBONADAS DE CORES

Un Proxecto do alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil (Modular) do IES de Chapela, en colaboración coa Axencia de Lectura Municipal de Chapela. Este Proxecto conta con 3 sesións de carácter lúdico pero cunha clara orientación educativa, a desenvolver no Edificio Multiusos Piñeiral do Crego (situado a uns poucos metros do IES). A primeira sesión consistiu nun Contacontos, e tivo lugar o pasado Mércores 9 de Maio, baixo o título de “Ábrete Conto”.  As próximas sesións serán:

  • Mércores 23 de Maio (18:00horas): “Crea e Imaxina” (Obradoiro de Refugallo)
  • Mércores 30 de Maio (18:00horas): “Rimos e Xogamos a cachón” (Xogos Infantís)

Esta fantástica iniciativa tivo repercusión tanto en prensa escrita (Faro de Vigo, Atlántico Diario…) coma na Web do Concello de Redondela.

Botádelle un ollo ao seguinte vídeo e comprobaredes o éxito da sesión inaugural!!!

 

Proxecto Arce

23-27 abril de 2012. Intercambio entre alumnado de distintas cidades de España (Cádiz, Madrid e Logroño) da familia de Servizos á Comunidade

Pica para ver máis información no Blog

Obradoiro didáctico: o pobo saharahui

      O 20 de marzo de 2012 o alumnado de  1º, 2º ESO e PCPI asisitiu a unha charla impartida pola ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí co fin de coñecer a realidade do Sahara e participar na campaña solidaria de recollida de alimentos, produtos hixiénicos, roupa, lentes... Os grupos de 3º e 4º ESO asistiron á charla o venres 23. Aínda que as charlas se centraron na ESO e PCPI, a campaña de recollida de alimentos fíxose extensible a todo o centro, sendo importante o grao de achegas realizadas por parte de toda a comunidade educativa: persoal non docente, alumnado, profesorado, e pais e nais. A todas e a todos grazas por contribuir, e por compartir a idea de que outro mundo máis xusto e solidario é posible.

 

                                Web da ONG: http://www.sogaps.org/

                                Fotos da actividade

Obradoiro Educación Vial e Prevención de Accidentes

No curso 2009-10 o Departamento de Educación Vial da Policía Local de Vigo iniciou de xeito experimental no IES Chapela o Obradoiro Educación Vial e Prevención de Accidentes en 4º ESO e no Programa de Cualificación Profesional Inicial. Dada a boa acollida da experiencia tanto polo alumnado como polo profesorado, dito obradoiro converteuse xa nunha actividade que forma parte do Plan de Acción Titorial deses niveis educativos. Este obradoiro empezouse a impartir noutros institutos de Vigo no curso 2010-11. Os e as axentes que  imparten a formación valoran positivamente a intervención preventiva nun tramo de idade comprendido entre os 15-18 anos, que ata agora non entraba dentro da planificación das actividades do departamento no que traballan.

Xóvenes con madeira - 2008

 

Xornadas técnicas sobre o Ciclo Medio de Atención Sociosanitaria

Xornadas técnicas sobre o Ciclo Medio de Atención Sociosanitaria.

"Novo perfil profesional na atención ás persoas dependentes."
 
Organiza: IES Chapela

Data: Xoves, 3 Abril de 2008

Obxectivo: Analizar e difundir no contorno laboral e formativo o perfil do título de Formación Profesional de Técnico/a Medio/a en Atención Sociosanitaria, na provincia de Pontevedra.

Desenvolvemento: A xornada realizarase o 3 abril en 2 mesas redondas, unha pola mañá e outra pola tarde nas que se pretende recoller as achegas de representantes de entidades públicas e privadas no perfil profesiona! e na súa inserción laboral do persoal técnico, así como a experiencia dos primeiros profesionais.

Participantes: Están dirixidas a persoas e profesionais interesadas en coñecer esta profesión, así como entidades públicas e privadas relacionadas co sector sociosanitario.

Lugar: IES de Avda. Redondela, s/n. Tfno.: 986453330 Fax: 986450169

 

PROGRAMA

Mañá: 11:30 - 14:00

Presentación das Xornadas: Representante do Concello de Redondela. Eugenio Ferrin, Director do IES Chapela.

1ª mesa: "A inserción laboral nos ámbitos público e privado"

Obxectivo: analizar a realidade e perspectivas laborais do perfil técnico, así como a súa demanda no marco dos servizos sociais de atención a persoas dependentes.

Participantes:

Técnico de Vicepresidencia de Benestar Social e Igualdade.

Representante da Federación "Servizos" da CIG.

Javier Martínez Fente, Secretario Saúde e Servizos Sociosanitarios de UXT.

Mª José Novás Lorenzo, Técnica do Servicio de Emprego.

Miguel Ángel Vázquez, xerontólogo e presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía.

 

Tarde: 16:00 - 18:00

2ª mesa: "O perfil profesional do persoal técnico en Atención Sociosanitaria

Obxectivo: Describir as competencias profesionais que definen o título e analizar as funcións desta figura nos seus diferentes ámbitos de actuación.

Participantes:

Representante da Dirección Xeral de FP.

Anxo Queiruga, presidente de COGAMI.

Concepción Somoza, representante de APAMP - FADEMGA.

Representante da Rede Galega de Centros de Día.

 

Clausura: 18:00

Representante da Dirección Xeral de FP

Visita ás instalacións e equipamento das aulas do ciclo.

Distribuir contido