XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE OS CEIP E O IES DE CHAPELA CON XOGOS POPULARES!!!
O venres 15 de marzo, co obxectivo de promover a convivencia entre o alumnado dos cursos de 6º de primaria dos CEIPs Alexandre Bóveda, Igrexa e Laredo, e o alumnado dos primeiros cursos da ESO do IES, celebráronse as xornadas de xogos populares. Así cando cheguen ao instituto xa terán referentes.
Organizados e dirixidos por alumnado do ciclo de Formación Profesional de Educación Infantil, mesturados en doce grupos realizaron diferentes xogos ao longo da mañá. Este curso cada xogo simula unha estación do “Camiño de Chapela”, e ao remate cada grupo obtén a “Chapeliña”que é unha acreditación das probas superadas: O pano, zancos, o aforcado, paracaídas, sogatira, relevos, sangue, gato-rato…. Estiveron acompañados/as por profesorado dos CEIP e do IES.
Hoxe, martes 22 de xaneiro, viñeron a visitarnos dúas responsables e unha voluntaria da Asociación ADA ademáis de Tango, un precioso can que traballa con elas. O alumnado de 2° Educación Infantil e 2° APSD tiveron a oportunidade de coñecer como se traballa coa "Caninoterapia" en terceira idade, infancia e familia, diversidade funcional, saúde mental, persoas en exclusión, prisión, etc.
Agradecémoslle a ADA a súa entrega nesta divertida e instructiva xornada.
O pasado 4 de maio tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, o I Congreso "Aliméntate ben" no que participou o CS de Dietética do IES Chapela. As nosas alumnas María Cordeiro Paz, Carolina Guitián Mariño, Nuria Peixoto Roza e Vanesa Pérez Blanco, acompañadas das profesoras Patricia Pita, Beatriz Tojo e Ana Yáñez, acadaron un accésit e diploma ao mellor proxecto de Educación Secundaria. Moitos parabéns e moito orgullo do noso centro polo excelente traballo que realizastes.
O trono literario do IES Chapela chegou ao ARTELIXO. Fíxoo no Paseo de Cardona, en Laredo, compartindo escenario coas obras lixo do CEIP Igrexa, CEIP Laredo, CEIP Alexandre Bóveda e Escola de Música de Chapela. Nin o vento, nin o frío, nin a chuvia, foi quen de deslucir unha alegre xornada acompañada da música da Escola de Música de Chapela e do entusiasmo e dos folgos de tanta xente que demostrou que co "lixo" somos quen de facer arte e que temos que coidar o noso medio ambiente. Moitas grazas a todas e a todos os que participastes desta iniciativa, especialmente a Olga Nogueira, que teimudamente se empeñou en que a nosa República das Letras chegase ao ARTELIXO.
O alumnado de APSD ordinario e modular do IES Chapela, asistiu hoxe 13 de abril, aos III Encontros sobre diversidade, dependencia e igualdade de condicións que tiveron lugar no salón de actos do C.I.F.P A Xunqueira de Pontevedra.
O pasado luns 26 de febreiro toda a comunidade educativa de Chapelapuidemos desfrutar dunha deliciosa degustación de froita en forma de batidos, macedonia e diversas figuras preparada e organizada polo alumnado de 2º Dietética en colaboración cos alumnos e alumnas de 4º ESO, comandados de novo pola súa profesora de Educación sanitaria, Ana Yáñez. Un magnífico traballo de todos os participantes, inda que as verdadeiras protagonistas foron as laranxas, fresas, plátanos, arandos, granadas, mangos,... Toda una explosión de vitaminas e sabor que fixeron as delicias de alumnado e profesorado. Grazas rapazas e rapaces!
O pasado 23 de xaneiro o alumnado de 1º do CS de Educación Infantil conviviu cos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos dos colexios de Educación Infantil e Primaria da contorna: CEIP Laredo, CEIP Alexandre Bóveda e CEIP Igrexa (Chapela) e CEIP Frián de Teis (Vigo). A experiencia resultou estupenda, contamos contos, fixemos teatro de sombras, cantamos cancións, participamos en actividades de psicomotricidade e xogamos a todo o que os rapaces e rapazas nos ensinaron!!! Grazas a todos os colexios pola súa acollida e por deixarnos vivir unha experiencia tan lúdica e educativa.
O profesor de música tradicional Luís Prego estivo o 20 de decembro co alumnado de Educación Infantil e APSD para cantarlles e contarlles todo o que a música pode facer en nós. O alumnado e profesorado que participou quere compartilo con toda a comunidade escolar do IES Chapela para desexarnos unhas boas festas e un vindeiro 2018 de esplendor. Aquí os deixamos bailando o Don Melitón, abrazándose e bicándose ao son da música e o baile. Recomendámosvolo para estes días.
O Departamento de Matemáticas desenvolveu no IES de Chapela co alumnado de 1º ESO a actividade promovida por IMATXINA 2016, que consiste en construír cúpulas empregando algún dos 11 modelos ideados por Leonardo da Vinci. O vestíbulo do centro converteuse nun obradoiro de construción durante a última semana. Na tarde do pasado sábado 12 de marzo de 2016, 11 alumnas e alumnos de 1º ESO participaron tamén na actividade de divulgación das cúpulas de Leonardo na rúa peonil do Calvario (Vigo).
O alumnado do Módulo de Expresión do CS de Educación Infantil Modular realizou esta actividade despois de ver a exposición Heroes animados, da Fundación ABANCA.