|
|
|
|
|
|
|
O venres 17 de decembro, o alumnado do 1º curso de APSD do IES Chapela desfrutou dun obradoiro a mans de Manolo González Garrido, socio fundador e expresidente da Cooperativa de Consumo Consciente Árbore (Vigo). A través do obradoiro impartíronse nocións básicas no coidado do noso planeta e como integralo nos coidados propios do desempeño profesional dun/ha TAPSD. Do mesmo xeito, afondouse no concepto das 4R (reducir, reciclar, reutilizar e... recuperar) e nas pequenas accións sostibles que se poden levar a cabo no día a día. O noso planeta é finito e nós queremos contribuír co noso grao de area dende as nosas aulas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Para poñer en práctica o aprendido en bailes de salón nas clases de Educación Física, os alumnos e alumnas de 1º BACH impartiron unha clase de baile no pabellón de Chapela. Durante a xornada puideron compartir a súa destreza no chachachá cos participantes na actividade de Taichí, que organiza o Concello de Redondela. Foi unha sesión moi divertida na que todos e todas aprenderon moito. Grazas pola vosa participación! |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O alumnado do primeiro curso do Ciclo Formativo de Grao Superior en Educación Infantil do réxime ordinario puxeron en marcha a última acción da actividade Vivindo o Barrio.
Nesta ocasión o alumnado, en pequenos grupos, acudiu aos diferentes centros educativos da contorna (CEIP Frián-Teis, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Laredo e CEIP Igrexa) para implementar as actividades deseñadas polos mesmos, na xornada matutina do pasado 10 de abril.
Os diferentes grupos foron acompañados polas alumnas do Máster en Profesorado que cursan as súas prácticas no IES Chapela, máis concretamente no Departamento de Servizos á Comunidade.
Dende o Departamento queremos agradecer a todos os centros educativos de Chapela a súa colaboración, facilitando ao alumnado contextos de actuación próximos ao seu futuro profesional.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Por mor do día mundial do autismo, o pasado 2 de abril, os alumnos e alumnas do ciclo de FPModular de Integración Social fixeron unha dinámica para visualizalo. Se queredes máis información visita a web na seguinte ligazón https://diamundialautismo.com/
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O alumnado dos ciclos de Educación Infantil e Integración Social asistiron a un obradorio de Teatro para a Resolución de Conflictos con Moisés Mato, creador do teatro da Escoita e director do Movemento de Nonviolencia. Foi unha experiencia moi gratificante e productiva para axudarnos a encarar a resolución de conflictos. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|