Ed. Vial

Corredor de emerxencia, como actuar en caso de accidente

O RACE propón o "Corredor de emerxencia" ou espazo destinado ás emerxencias, como xa se aplica noutros países, para reducir os tempos de chegada e traslado das vítimas. Os corredores de emerxencia son uns carrís que deben deixar as e os condutores para ceder o paso aos servizos de emerxencia. Con estes carrís redúcense os tempos de chegada e traslado das persoas  accidentadas, auméntase a seguridade de quen conduce o vehículo de emerxencia e das persoas ocupantes de ditos vehículos, e permiten homoxeneizar o comportamento dos condutores e condutoras, actuando de forma coordinada.

Campaña da Cruz Vermella e o Ministerio do Interior para contactar de forma rápida coa contorna das vítimas de accidentes

A campaña "Aa", levada a cabo polo Ministerio de Interior e a Cruz Vermella ten como obxectivo que os cidadáns e cidadás poñan na axenda do seu móbil o número de teléfono da persoa a quen chamar en caso de accidente. O contacto "Aa" permitirá aos servizos de emerxencia e aos corpos de seguridade contactar de forma rápida coa contorna das vítimas de accidentes e persoas que se atopen en situacións de urxencia ou sen posibilidade de comunicarse. A proposta que Interior e a Cruz Vermella fan aos cidadáns e cidadás é que na axenda do seu móbil introduzan as letras "Aa", seguidas dun espazo e o nome da persoa coa que contactar, de forma que ao pulsar aparece o teléfono ao que hai que chamar. Só en 2007, máis de tres millóns de persoas sufriron algún tipo de emerxencia en España, entre accidentes doméstico ou no tempo libre, laborais e de circulación. Esta campaña enmárcase na estratexia de Cruz Vermella Española de prevención de accidentes "Previr é vivir", en concreto no apartado de "prevención secundaria" dos sinistros ou urxencias, cuxo fin é reducir ao máximo as súas consecuencias.

Charla Bombeiros sen Fronteiras

O día 20 de decembro de 2012 estivo con nós, outro ano máis, José Antonio Torres, membro de Bombeiros sen Fronteiras.

Comentario do alumnado

Charla Policía Local Vigo

Machismo ao volante. Tal vez a escola aínda teña  moito que dicir con respecto á introdución da perspectiva de xénero en todas as súas actuacións. No caso da Educación Viaria queda moito camiño por andar na prevención de accidentes baseada na eliminación de roles sexistas estereotipados.

Charla Policía Local de Vigo ao alumnado de 4º de ESO e PCPI

O 1 de decembro levouse adiante no IES Chapela un curso de formación en Educación Viaria con Perspectiva de Xénero impartido polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local de Vigo. Á parte dos contidos relacionados coa condución de vehículos, normas e seguridade, introduciuse neste curso 2011-12 un novo aspecto, a perspectiva de xénero. Existe machismo ao volante?

Charla bombeiros sen fronteiras

O día 3 de marzo o alumnado de 4º ESO e PCPI acudiron a unha charla impartida por un membro de Bombeiros Sen Fronteiras con fin de seguir afondando na Educación Vial.

Obradoiro Educación Vial e Prevención de Accidentes

No curso 2009-10 o Departamento de Educación Vial da Policía Local de Vigo iniciou de xeito experimental no IES Chapela o Obradoiro Educación Vial e Prevención de Accidentes en 4º ESO e no Programa de Cualificación Profesional Inicial. Dada a boa acollida da experiencia tanto polo alumnado como polo profesorado, dito obradoiro converteuse xa nunha actividade que forma parte do Plan de Acción Titorial deses niveis educativos. Este obradoiro empezouse a impartir noutros institutos de Vigo no curso 2010-11. Os e as axentes que  imparten a formación valoran positivamente a intervención preventiva nun tramo de idade comprendido entre os 15-18 anos, que ata agora non entraba dentro da planificación das actividades do departamento no que traballan.

Charla COGAMI

O día 11 de xaneiro o alumnado de 4º ESO e do PCPI, asistiu a unha charla sobre a prevención de lesións medulares, impartida por un representante da asociación COGAMI.

Seguridade ciclista na estrada

Cinturón de seguridade

O IES Chapela premiado polos Ministerios de Interior e Educación - Ed. Vial

   

PISAndo Fuerte en Educación Vial, é un proxecto que vai máis alá e busca concienciar ao alumnado sobre o problema que supón a falta de seguridade viaria, unha das "enfermidades máis mortiferas" do noso tempo. O proxecto pretende formar en Educación Viaria desenvolvendo a capacidade crítica para detectar o que podemos cambiar co fin de transformar a sociedade e revertir comportamentos irresponsables.

Nova na Voz de Galicia

Traballos premiados PDF

Traballo IES Chapela PDF

 

Premio Ed. Vial - "Educación y Seguridad en el Entorno Escolar"

O IES Chapela acaba de conseguir un Premio en materia de Educación Vial outorgado polo Ministerio do Interior, co seu traballo "Investigando un accidente de tráfico. PISAndo fuerte en Educación Vial.". Todo o alumnado de 4º da ESO, que traballa esta materia ano tras ano nas horas de titoría, viaxará a Madrid os días 2 e 3 de novembro de 2009 para a recollida do premio. No acto no estarán presentes os ministros de Interior e Educación.

Nova no Faro de Vigo

Distribuir contido