Machismo ao volante. Tal vez a escola aínda teña moito que dicir con respecto á introdución da perspectiva de xénero en todas as súas actuacións. No caso da Educación Viaria queda moito camiño por andar na prevención de accidentes baseada na eliminación de roles sexistas estereotipados. Charla Policía Local de Vigo ao alumnado de 4º de ESO e PCPI O 1 de decembro levouse adiante no IES Chapela un curso de formación en Educación Viaria con Perspectiva de Xénero impartido polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local de Vigo. Á parte dos contidos relacionados coa condución de vehículos, normas e seguridade, introduciuse neste curso 2011-12 un novo aspecto, a perspectiva de xénero. Existe machismo ao volante?
|
|||