Deixámosvos aquí, para que o disfrutedes, un pequeno resumo da derradeira sesión do Proxecto Lambonadas de Cores. Nesta sesión de clausura, baixo o título “Rimos e Xogamos a cachón”, as e os cativos que se achegaron ata Biblioteca puideron desfrutar dunha intensa tarde de Xogos Infantís. Esta pequena aventura, elaborada de principio a fin polo alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil Modular, chega á súa fin. Foi, sen dúbida, un proxecto cargado de traballo duro, ilusión, nerviosismo, cooperación, moito éxito e, sobre todo... de aprendizaxe. Unha aprendizaxe de calidade, desde a práctica, que de seguro permanecerá na súa memoria como un formidable recordo da súa andaina formativa polo IES de Chapela. NORABOA a todo o alumnado polo fantástico resultado desta iniciativa e polo enorme esforzo que a todas e todos supuxo. Sodes auténtic@s profesionais!!