3º ciclo

XANTANDO XUNTOS NO DERRADEIRO DÍA NO COLE!

Remata o noso paso polo colexio, emprendemos outro camiño. Algúns seguiremos xuntos, pero outros separarémonos. Sabemos que este momento non se vai repetir e nada mellor que un xantar xuntos. Aínda que estabamos moi emocionados polas despedidas, pásamolo moi ben. A comida super rica; pizza, churrasco e xeado. E para acabar un baile. Adeus CEIP de Sigüeiro!!!

 

DE HORTOCOL A CÁRITAS

Hoxe o alumnado de 6º fixo unha gran labor solidaria. Tiveron a boa idea de donar 50 € que obtiveron coa última venda de produtos da nosa horta a Cáritas. E ao cole acudiu Elena, a administradora de Cáritas en Sigüeiro, para recibir de man dos nenos e nenas o cheque, que aínda que contiña unha pequena cantidade, estaba cargado de ilusión. Tamén estivo presente Bea, a Concelleira de Educación e Benestar Social. Elena falounos das moitas obras que fan dende Cáritas e da moita xente que hai necesitada, incluso nos contou que hai quen ten que durmir no coche por non ter casa.  

 

NORABOA CLARA!!!

E se a semana pasada iamos á Coruña a expoñer o noso proxecto "hortocol" e á entrega de premios aos mellores emprendedores, hoxe tocou viaxar a Santiago. Outro programa de emprendemento, promovido pola Consellería de Educación e por diversas empresas; ATRÉVETE a ter unha idea. Uns dos obxectivos, poñer en valor a cultura do emprendemento dende rapaces. E agora si houbo premio!!! Clara Colinas Bello, alumna de 6º A, recolleu hoxe na Cidade da Cultura o seu merecido premio, unha tableta e un diploma, da man do Conselleiro Román Rodríguez González. Clara desenvolveu unha idea a partir de material de refugallo, unhas veliñas decorativas que mesmo ten penduradas na árbore do seu xardín. Noraboa Clara e á súa familia e profesora.

GUÍAS DAS NOSAS VIAXES

Para todos e todas os que vos embarcáchedes nesta viaxe literaria con nós, deixámosvos as guías que o alumnado de 6º de Educación Primaria preparou coa información recollida por cada aula sobre o país que traballaron.

Para a súa maquetación contamos coa colaboración do alumnado do ciclo FPB de Artes Gráficas do IES Leixa de Ferrol.

Graciñas a todos e todas pola vosa colaboración. Sodes uns astistas!

Podedes descargalas nos seguintes enlaces

Guía de Brasil

Guía de China

Guía de EEUU

Guía de Egipto

Guía de Francia

Guía de Gran Bretaña

Guía de Grecia

Guía de Groenlandia

Guía de La India

Guía de Italia

Guía de Portugal

Guía de Rusia

Guía de Senegal

Guía de Tailandia

HORTOCOL SIGU, ACTO DE CLAUSURA NA CORUÑA

E todo ten un fin! Que pronto pasou o tempo! Valeu a pena tanto traballo, agora a recompensa final... Alá imos, á Coruña a presentar a nosa miniempresa, HORTOCOL SIGU. O acto de clausura do proxecto MINIEMPRESAS CORUÑA, tivo lugar no CIFP Ánxel Casal - Monte Alto. 

Pola mañá ben cediño a coller os produtos da nosa horta: repolo, coliflor, romanescu, acelgas, espinacas, kale, leituga, remolacha, cebolas, allos, cenorias, amorodos, chícharos, pementos...

Despois a cargar todo no autobús, que non era tarefa sinxela. O carro que nos prestou a ANPA case non nos cabía no maletero e os canalóns que utilizaramos para plantar leitugas e amorodos tiveron que viaxar no corredor do bus, entre os asientos.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 5 E 6º DE PRIMARIA

Retrincos da excursión de 5º e 6º de Educación Primaria.

 

Tódalas fotos na nosa galería.

 

COLLEITANDO CO ALUMNADO DE 5º

O noso horto non para!

Cando os de 6º non poden, aquí estamos os compañeiros e compañeiras de 5º para tomar o relevo. 

E facémolo encantados. 

Estes foron os froitos do noso traballo.

 

 

 

Visita ó CIFP Compostela.

O venres 31 de marzo fixemos unha visita ó CIFP Compostela, en Santiago, para coñecer distintos estudos encamiñados ó mercado laboral (dentro do programa ATRÉVETE).

Puidemos ver como estuda e practica o alumnado de ciclos medios e superiores de mecánica, carpintería, laboratorio... Foi xenial!

Para rematar o día, visitamos a Cidade da Cultura na que fixemos unha parada para merendar e asistir a unha explicación arquitectónica da propia Cidade da Cultura. Moi interesante coñecer por dentro todos os edificios! Iso si, tivemos que botar unha carreira porque o día non acompañou...

 

OUTRA CHARLA DA GARDA CIVIL

Esta semana tivo lugar outra das charlas da Garda Civil para o alumndo de 5º e 6º, dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos. Nesta ocasión  o tema foi o Acoso escolar ou bullying. Foi moi interesante e aprendemos e reflexionamos sobre moitos aspectos da vida do noso entorno. 

Proxecto "Lanzadeiras"

O alumnado de 6º está que non para!

O luns 27 de marzo participaron nun taller para fomentar a implantación da cultura emprendedora, impartido por Modesto Gómez,  quen de xeito moi ameno conseguíu contaxiarnos da súa ilusión.

Este taller, parte do proxecto de Eduemprende, enmárcase dentro do programa Lanzadeiras,  creado para o desenvolvemento de miniempresas educativas en centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na provincia de A Coruña.