Equipo DLG

SAÍDA AO FOGAR RESIDENCIAL DE PORTO AVIEIRA

Este venres, 2 de xuño, os rapaces e rapazas do club de teatro de 6º, visitamos de novo o Fogar Residencial de Porto

Avieira,representamos para eles a obra de teatro " A consulta vai como veu ou peor", cantamos varias pezas acompañadas

de pandeiretas e baile, entre elas "Arado de ferro" e "Maneo de Anxeriz" . Para rematar convidámolos a bailar con nós "O

pesiño" de Leilia, baile que preparamos para as Letras Galegas. Foi unha xornada moi emotiva e inesquecible. Esperamos

que para eles tamén. Deixamos estas imaxes para que vexades o ben que o pasamos!

    

    

Pero non todo acabou aquí!

Ao chegar ao cole representamos para os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º.

ENTREGA DA RECOLLIDA DE ALIMENTOS A BALRIAL

Onte o alumnado do club  de teatro entregou , a Balrial, os alimentos recollidos co teatro solidadario

para as familias e co intercambio de libros por alimentos. Temos que dar as gracias ás familias pola

súa colaboración e ao  alumnado polo traballo en equipo, polo esforzo que fixeron día tras día e

pola solidaridade que sempre demostran. Os grandes cambios comezan con pequenas accións!

   

      

 

VÍDEO REGUEIFANDO 2023

Deixámosvos o vídeo coa nosa participación no Regueifando 2023. Como veredes comezamos a

Regueifa. 

 

CLUB DE TEATRO. ENSAIOS 6º

Recreos de teatro, foron moitos e moi divertidos. Estamos moi orgullosas de todos os grupos, estes nenos e nenas

foron creativos, colaboradores, traballadores incansables, solidarios. Non hai palabras para describir a ilusión e ganas que

puxeron en cada obra. Gracias pequenos actores e actrices!

  

TEATRO SOLIDARIO PARA 5º E 6º

Onte tivemos a última sesión do teatro solidario. Esta vez o alumnado do club de teatro de 5º e 6º representou  para as

súas familias dúas obras: Restaurante Farruco" e "A consulta Vai como veu ou peor". Gracias familias por vir e colaborar

co Banco de Alimentos. Foi un verdadeiro pracer poder mostrarvos o noso traballo! Esperamos que gozásedes con el!

 

  

  

 

CONTACONTOS "PÉS DE LOBO" ANXO MOURE

Hoxe estivo con nós Anxo Moure presentándonos  o contacontos "Pés de Lobo". Falounos da historia de Marcos Pantoja, un

neno criado por lobos, das árbores dos nosos bosques. Todo dun xeito moi divertido no que aprendemos valores tan

importantes como o respecto e o coidado do noso planeta. Ata a próxima Anxo!

    

TERCEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA "INVISIBLE"

Nova sesión do club de lectura "Invisible", falamos dos personaxes, dos sentimentos e emocións que experimentan e

despois de escoller ao noso gardián, personificamos ao/á noso/a heroe/ heroína.

    

RECOMENDACIÓNS LECTORAS LETRAS GALEGAS

 

Estas son as recomendacións lectoras para o Día das Letras Galegas.

 

 

2º SESIÓN DE TEATRO SOLIDARIO PARA AS FAMILIAS

 

Hoxe, dentro das actividades organizadas para a celebración das Letras Galegas, os alumnos do Club de Teatro de 2º A e B, representaron diante das súas familias dúas obras "A pelexa das cores" e "A bruxa Regañadentes". O evento tivo lugar no salón de actos do colexio e ten un fin solidario recaudar alimentos non perecedeiros para o Banco de Alimentos de Santiago(Balrial). Estes pequenos actores e atrices mostraron a súa paixón e talento nas obras que prepararon con esmero, nos recreos, ao longo do curso. Foron merecedores dos aplausos das súas familias, compañeiros e profesorado. Arte e solidaridade da man para axudar aos que máis o precisan. Ao mesmo tempo a Biblioteca segue co seu mercadiño solidario de libros, un libro un alimento.

 


 

DÍA GRANDE DAS NOSAS LETRAS

Despois de diversas actividades levadas a cabo, dende o comezo do mes de maio, para homenaxear a lingua galega, chegou o DÍA GRANDE DAS NOSAS LETRAS! 

Comezamos a mañá cun alfareiro de Buño. Ensinounos moitas cousas sobre o barro e os utensilios que se empregan para elaborar as diferentes pezas. Estivo traballando e despois puidemos ser nós os protagonistas. Que interesante!

    

  

 

Xa despois do recreo levouse a cabo o acto principal no patio. Comezamos co baile que todo o alumnado do cole estivo preparando ao longo do mes "O pesiño" de Leilía. Todos a bailar uns puntos de muñeira!

 

A continuación, xa sentados nas gradas, completamos o crebacabezas de Francisco Fernández Del Riego, mentres aprendemos interesantes informacións del.

  

Despois tivo lugar a entrega de premios do concurso das Letras Galegas.

  

De seguido puidemos disfrutar da canción "Lela" interpretada pola gran alumna Alicia, o baile de muiñeira do alumnado de Lembranzas do Tambre e para rematar, bailamos todos xuntos. Unha gran xornada. Pero non se acaban aquí as actividades das Letras, seguiremos interpretando as obras de teatro para as familias ao longo do mes e visitaremos a Residencia de Porto Avieira.