Despois de diversas actividades levadas a cabo, dende o comezo do mes de maio, para homenaxear a lingua galega, chegou o DÍA GRANDE DAS NOSAS LETRAS!
Comezamos a mañá cun alfareiro de Buño. Ensinounos moitas cousas sobre o barro e os utensilios que se empregan para elaborar as diferentes pezas. Estivo traballando e despois puidemos ser nós os protagonistas. Que interesante!
Xa despois do recreo levouse a cabo o acto principal no patio. Comezamos co baile que todo o alumnado do cole estivo preparando ao longo do mes "O pesiño" de Leilía. Todos a bailar uns puntos de muñeira!
A continuación, xa sentados nas gradas, completamos o crebacabezas de Francisco Fernández Del Riego, mentres aprendemos interesantes informacións del.
Despois tivo lugar a entrega de premios do concurso das Letras Galegas.
De seguido puidemos disfrutar da canción "Lela" interpretada pola gran alumna Alicia, o baile de muiñeira do alumnado de Lembranzas do Tambre e para rematar, bailamos todos xuntos. Unha gran xornada. Pero non se acaban aquí as actividades das Letras, seguiremos interpretando as obras de teatro para as familias ao longo do mes e visitaremos a Residencia de Porto Avieira.