Equipo DLG

RECITADO POÉTICO MUSICADO DE ROSALÍA

 

Esta semana o luns fixemos un recitado poético musicado de Rosalía no que participaron todos os

grupos dende infantil a primaria. Tamén escribimos poemas nas ventás e o equipo da biblioteca

colocou un expositor con libros de Rosalía.

                           

                        

 

 

 

CHARLA DE EVA MEJUTO

 

Esta mañá visitounos Eva Mejuto, autora de "A lavandeira de San Simón", para manter unha charla

co alumnado de 6º de Primaria. Contounos que a  Illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil,

cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. E que  as mulleres 

axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa

á illa. Neste libro conta a historia dunha destas mulleres e da súa filla, que sufriron a represión

franquista e que loitaron por cambiar ese tempo que lles tocou vivir. Gracias pola túa visita Eva

Mejuto e gracias ao Concello de Oroso  por proporcionarnos estas experiencias.

    

CONCERTO DIDÁCTICO DE ROSA SÁNCHEZ E PABLO CARPINTERO

 

Onte e hoxe o alumnado de 5º e 6º asistiu ao concerto didáctico “Música e evolución” de Rosa

Sánchez e Pablo Carpintero no Auditorio de Galicia.

No concerto explicáronnos as últimas teorías científicas sobre o que é a música e o sentido que tivo

e ten dentro da nosa evolución como especie. Por outra banda, tamén nos falaron do papel esencial

que as mulleres xogaron e xogan na  música tradicional galega. Puidemos ver os  instrumentos 

musicales cos que xogaban os nenos e nenas dende o paleolítico ata os nosos días. E todo

acompañado de boa música.

 

    

                                  

 

 

 

COMPARTINDO A ROSALÍA NO FOGAR RESIDENCIAL DE PORTOAVIEIRA

 

Hoxe volvemos de novo ao Fogar Residencial de Portoavieira, para compartir cos residentes o Día de

Rosalía, foi un verdadeiro pracer recitar e cantar para eles, pero moito máis escoitar nas súas voces

os poemas de Rosalía que con tanto agarimos escribiu o noso alumnado.

      

           

 

      Quedamos con ganas de volver porque sempre nos tratan xenial! 

     Agradecer a Autos Grabanxa a súa colaboración desinteresada.

DÍA DE ROSALÍA

 

Hoxe, 23 de febreiro é unha data grande para nós. Celebramos o aniversario do nacemento dunha muller referente para Galicia e para o mundo. Hoxe cúmprense 186 anos do nacemento de Rosalía de Castro. No colexio levamos a cabo diferentes actividades que continuaremos para a vindeira semana. Unha das destacadas foi a visita por segunda vez ao Fogar Residencial de Porto Avieira. Alí puidemos gozar cantando e recitando poemas da nosa Rosalía. 

 

 

MURAL PAN CON CHOCOLATE

 

Libro rematado, mural acabado. Ata sempre Pan con chocolate

EEENTROIDO!!!

E chegou o DÍA GRANDE DO NOSO ANTROIDO. Emoción, nervios, risas... Que ben o pasamos! A temática, "Un cambio polo clima", inspirou os nosos disfraces: abellas, mar, horta, cabalos e paxaros. Canta imaxinación e canto colorido. PARABÉNS ÁS FAMILIAS POLO SEU TRABALLO E AGRADECEMENTO POLA COLABORACIÓN NA APORTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DESTA DATA.

Comezamos a mañá co desfile para as familias no colexio.

 

 

 

De seguido saímos polas rúas de Sigüeiro e a atoparnos cos outros colexios do concello que sempre é un pracer, o CEIP do Camiño Inglés e o CRA de Oroso.

 

Despois veu o desfile dos tres centros na alameda de Gois e para rematar... festa no colexio!

  

 

MURAL DO ENTROIDO

Como podedes ver no noso mural do Entroido "Un cambio polo clima" temos moita biodiversidade: abellas, mar, horta, cabalos e paxaros.

 

Lembrámosvos que o mandado deste luns é:

 O inverno xa chegou

e coma choqueiros ben abrigados

con roupa doutros e mal combinados.

Roupa pola casa buscarás

e toda ela reutilizarás.