Our contacts with schools in the UK.
Lingua Estranxeira (Inglés)
Christmas cards
O alumnado de 2º de Primaria intercambiou postais de Nadal con alumnos/as do colexio Blackshaw Primary School de Bolton, preto de Manchester (UK).
Aquí están as que nós escribimos...
... e as que eles nos enviaron.
English Week
A semana pasada 25 alumnos/as de 6º de Primaria participaron nos programas de inmersión lingüística de outono da Consellería de Educación "English Week".
O domingo desprazámonos ata o Centro dos Peares, onde nos aloxamos e coñecemos a todos os compañeiros/as e monitores/as que nos acompañarían durante a semana. Esa mesma noite, trala cea, tivemos xogos de presentación.
Ao día seguinte comezaban as clases e os obradoiros divididos por grupos: Plastic Bags, Soda Cans, Glass Bottles, Paper Sheet, Carton of Milk, Thermometers, Old Monitors, Electronic Boards... A temática das actividades era o coidado do medio ambiente (a reciclaxe, as enerxías renovables...) e o Nadal.
O martes saímos de excursión pola contorna. Vimos onde se xuntan os ríos Miño e Sil e aprendemos un montón de cousas sobre as centrais hidroeléctricas. O mércores recibimos a visita de Carmen Pomar, Conselleira de Educación, que se interesou polo noso traballo. O xoves, entre outras actividades, gravamos un lipdub coa panxoliña All I Want for Christmas is You de Mariah Carey.
O venres, cada equipo presentou un proxecto sobre o traballado: obras de teatro, videos, calendarios de advento ecolóxicos, trineos mariños para recoller o plástico dos nosos mares... Ese mesmo día, intercambiamos agasallos co noso amigo invisible (Secret Santa presents), todos eles elaborados con material de refugallo.
O sábado, entre bágoas, tocou despedirse dos amigos/as e monitores. Ademais da equipaxe, as nosas mochilas viñan cheas de aprendizaxes, experiencias, aventuras e sobre todo... novas amizades!
Xornadas Internacionaliza a túa escola: Erasmus+, E-Twinning e outras propostas
O CEIP Plurilingüe de Sigüeiro participará mañá, sábado 19 de outubro, nas Xornadas Internacionaliza a túa escola: Erasmus+, Etwinning e outras propostas que se celebran na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.
Tamara Carreira e os alumnos Roque Pérez e María Colinas presentarán o proxecto "Robot European Dance" recoñecido co selo de calidade nacional que levaron a cabo o curso pasado xunto con outros centros, así como outras propostas e actividades para facer do noso centro un cole internacional.
English Week
O noso centro resultou seleccionado para participar nas actividades de inmersión en lingua inglesa "English Week" que oferta a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para 6º de Primaria. Estade atentos/as ao noso twitter, onde publicaremos algunha foto.
Meeting Anna, our language assistant
Entre a semana pasada e esta por fin puidemos coñecer a Anna, a nosa auxiliar de conversa americana. Pasou por todas as aulas dende 1º ata 6º de Primaria. Traía preparado un xogo de preguntas e respostas para que nós puideramos coñecer algo máis sobre a súa procedencia, familia, gustos e aficións... E nós tiñamos unha morea de preguntas máis que desexabamos facerlle.
Encantounos o saúdo que, segundo nos explicou, adoitan facer os procedentes do seu estado, Ohio, cando se atopan cun paisano da súa terra. O primeiro deletrea: O-H e o segundo responde con: I-O, todo isto acompañado do movemento dos brazos figurando as letras correspondentes. Pero mellor, védelo no video que subimos ao noso twitter.
How do people greet each other in Ohio? Anna told us they have this special code. Can you try? #auxiliardeconversa #USA #Ohio #languageassistant #interculturalawareness pic.twitter.com/oQj1v1kXcG
— CEIP Plurilingüe de Sigüeiro (@sigueiroschool) October 3, 2019
Tamén nos chamou moito a atención a cantidade de linguas que pode falar, galego incluído, e o rápido que as aprende; pois tan só leva 2 anos en Galicia. Así que nos ha de vir moi ben a súa axuda e consellos para aprender inglés.
Welcome Anna! Benvida Anna!
Día Europeo das Linguas
O 26 de setembro conmemórase o Día Europeo das Linguas e na área de Lingua Inglesa non quixemos desaproveitar a ocasión para reflexionar sobre as linguas que nos rodean, o valor que supón poder falar máis dunha e familiarizarnos cos países, bandeiras, capitais e linguas do noso continente.
Así, por equipos, investigamos sobre un país europeo e coa información obtida elaboramos un glosario común na aula virtual onde poder consultar toda a información recollida polos compañeiros/as e tamén decoramos un mural co mapa de Europa que expuxemos no corredor.
Non sabíamos que en Europa se falaban tantas linguas!!! E vós, sabedes cantas linguas se falan en Europa?
Goodbye Tiger!
Y2 says goodbye to a great year learning English with Tiger!
World postcard map
At the beginning of the school year we told you about our project of writing and receiving postcards all over the world. To keep a record of the ones sent and received, we located them on a world map. Now that the school is over, we can say we sent a total amount of 16 postcards and received another 16 from countries such as Netherlands, Portugal, Russia, Germany, Japan, Finland, Canada, USA, Poland, Belarus and Czechia.
Ao comezo do curso falabámosvos sobre o noso proxecto de escribir e recibir postais de todo o mundo. Para levar constancia das enviadas e recibidas, colocámolas nun mapa mundi. Agora que o cole rematou, podemos dicir que enviamos un total de 16 pstais e recibimos outras tantas de países como Holanda, Portugal, Rusia, Alemaña, Xapón, Finlandia, Canadá, Estados Unidos, Polonia, Bielorusia e Chequia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »