O segundo martes de febreiro conmemórase o Día da Seguridade en Internet ou Safer Internet Day. O alumnado de 5º e 6º de Primaria, en colaboración cos seus respectivos socios europeos dos proxectos eTwinning "Games With Web 2 Tools" e "L@ngu@ges4all", non quixo deixar pasar a ocasión sen reflexionar sobre os perigos da rede. Por iso, elaboraron esta infografía con 12 recomendacións básicas para navegar seguros por Internet. Compartiron estes consellos prácticos co resto de alumnado e profesorado no taboleiro de anuncios do corredor.
Tamén participaron na edición dun video onde cada centro europeo lembra unha destas medidas de seguridade e, por último, o venres conectáronse por videoconferencia para reflexionar en directo sobre os perigos e ameazas da rede.