Deporte en Tui

ENRIQUE MÍGUEZ DOBRE CAMPIÓN DO MUNDO

O veterano Enrique Míguez, dobre campión do mundo de maratón

 Enrique Míguez, compoñente do Kayak Tudense, proclamouse dobre campión do mundo de maratón de veteranos en Brandeburgo (Alemania). O veterano palista  impusose na modalidade de C-1 e en C-2 xunto ó seu compañeiro Ignacio López Rey. Cada unha das regatas constaba de 19 quiilómetros nun escenario complicado. Os seus triunfos foron incontestables, xa que en ambos casos superou con solvencia os seus rivales. Enrique Míguez tamén logrou esta tempada proclamarse campión de Europa en Pontevedra.

ANDAINAS SAUDABLES

 

O sábado 24 e o domingo 25 de setembro,  realizaranse dúas andainas do Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade, o “Camiño Portugués”, nas súas etapas polos municipios de Valença e Tui.

Así, o sábado 24, ás 09.00 horas españolas, os participantes sairán en autobús ata a localidade de Paredes de Coura, para percorrer unha distancia aproximada de 16 quilómetros ata Valença.

O domingo 25, ás 10.00 horas españolas, a andaina sairá dende a piscina municipal de Valença, para rematar no límite co Porriño, percorrendo una distancia de 15 quilómetros.

Como nas andainas anteriores, é necesaria a inscrición previa, a través do enderezo electrónica caminhadas.andainas@gmail.com / celtasdominho@gmail.com /
clubandatui@gmail.com, cun custe de cada andaina de 5€ por persoa e de 3€ para menores de 12 anos, sendo o día límite de inscrición o día 23 de setembro.

Toda a información referente ao Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook

https://www.facebook.com/Caminhadas-Saud%C3%A1veis-e-Andainas-Saudables-490178017705157/?ref=ts&fref=ts

CAMPUS DE FÚTBOL DA FUNDACIÓN CELTA DE VIGO

 Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo

4-8 Xullo de 2016

Instalacións deportivas Municipais Alvarez Durán.

Tui acollerá o campus de fútbol da Fundación Celta de Vigo, que vai ter lugar do 4 ao 8 de Xullo en horario de 10:00-14:00h, nas instalacións deportivas Municipais Alvarez Durán.

O Campus está dirixido a xoves de 4 a 16 anos. As inscripcións están abertas ata o día 1 de Xulo a través da Web www.fundacioncelta.com.

Animádevos a disfrutar do futbol no verán!.

I CAMPUS SARA TUI

 I Campus Sara Tui.

18-22 de Xullo 2016

Campo de Futbol Alvarez Durán Tui

 Do 18 ao 22 de Xullo, en horario de 9:00h-13:00h, vaise levar a cabo o I Campus Sara Tui, de Fútbol, nas instalacións de Fútbol do campo Alvarez Durán de Tui.

Este Campus ten como obxectivo mellorar o adestramento específico dos nenos entre 6 e 14 anos.

Animamos a todos aqueles nen@s que vos guste o fútbol, a disfrutar de esta gran oportunidade....

Sara Tui é unha xogadora tudense, que na actualidade xoga na 1ª División de Fútbol Feminino Nacional.. As gracias a esta gran xogadora por esta gran labor. Gracias Sara!.

CLINIC JOE ARLAUKAS DE BALONCESTO EN TUI

 

Clinic Joe Arlauckas de Baloncesto en Tui.

O vindeiro día 2 de Xullo vai ter lugar, no Pavillón Novo de Tui, o Clinic Joe Arlauckas de Baloncesto. No que poden participar todas as persoas con inquietudes no mundo do baloncesto...

No mesmo participarán Pepe Laso, Pepe Casal,Antonio Carrillo entre outros, que nos aportarán parte da súa experiencia deportiva. ...

Para máis información: www.campusjoearlaukastui.com

ANDAINAS SAUDABLES

ANDAINAS SAUDABLES

Aqui vos deixamos o calendario das Andainas Saudables que terán lugar a partir de agora. Animádevos a participar!!!!!!!

III CAMPUS DE PATINAXE RIBEX

 III Campus Patinaxe Ribex

 1-15 Xullo

 Pav. Ies San Paio

 O Club Ribex de patinaxe organiza do 1-15 de Xullo o III Campus de Patinaxe Ribex, nas instalacións do Ies San Paio, en horario de 9:30 a 13:30h, con gran variedade de actividades...animamos a tod@s ne@s a participar.

CAMPUS JOE ARLAUKAS

Campus de Tecnificación e Alto Rendimento Joe Arlaukas

4-9 de Xullo 2016 Tui

               Do 4 ao 9 de xullo de 2016, terá lugar en Tui o Campus de Tecnificación e alto Rendimento Joe Arlaukas-Tui. Está destinado a nen@s das categorías Alevín, Infantil, Cadete, Junior e  Senior na modalidade de Baloncesto.

Levarase a cabo en Tui, e as prazas son limitadas.A inscripción poderá levarse a cabo a través da Web: http://www.campusjoearlauckastui.com/

 

II CAMPIONATO DE JUDO EUROCIDADE E III CAMPIONATO IBÉRICO DE KUNF FU EUROCIDADE

 

II Campionato de Judo Eurocidade e III Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

 

O deporte volve a ser protagonista esta fin de semana na Eurocidade Tui-Valença con dous eventos destacados que se van celebrar nos pavillóns de deportes das dúas cidades. Trátase do II Campionato de Judo Eurocidade que se celebrará o sábado no pavillón de deportes de Valença e do III Campionato Ibérico de Kung-Fu Eurocidade que se disputará no novo pavillón de deportes de Tui o Domingo. Os dous foron presentados esta mañá na casa do concello de Tui.

Con respecto ao II Campionato de Judo Eurocidade que se celebrará o sábado dende ás 12.30 hora española no pavillón de deportes de Valença a presidenta do Judo Club Valença, Argentina Sousa, destacou que van participar 200 deportistas das categorías xuvenil e cadete, pertencentes a 9 asociacións e 30 clubs, 23 de Portugal e 7 de España.



O Domingo a cita será dende ás 10.30 hora española no novo pavillón de deportes de Tui co III Campionato Ibérico de Kung-Fu Eurocidade, con entrada gratuíta. Serán algo máis de 2 horas dun espectáculo deportivo moi dinámico nas modalidades de KugFu Tradicional e Moderno e cunha exhibición de Tai-Chi no que participarán máis de 300 deportistas, gran parte deles premiados en campionatos nacionais e internacionais.

Animádevos a disfrutar de este evento. Podedes atopar máis información en: http://www.concellotui.org/php/novas.php?id=3503

 



NOVO PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN CONCELLO DE TUI

Campamentos de Verán

Concello de Tui.

O Concello de Tui volve poñer en marcha A INSCRIPCIÓN para a iniciativa dos campamentos de Verán durante os meses de Xullo e Agosto, para moz@s de 3-12 anos.

O prazo de inscripción será ata o 17 de Xuño de 2016 na secretaría do Concello…xa que quedan prazas dispoñibles animádevos a participar. Máis información aquí

 

 

III Torneo de Kayak Polo en Caldelas, Tui

 III Torneo de Kayak Polo en Caldelas, Tui

 Este domingo, 12 de Xuño, celebrarase o terceiro trofeo da XXIII Liga Galega de Kaiak Polo, nas categorías sénior, sub21 e damas, organizado pola sección de Kaiak Polo do Club Piragüismo Penedo, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo. Disputarase na lagoa de Caldelas, dende as 09.00 ata as 18.00 horas.

 Un total de nove equipos procedentes de toda Galicia enfrontaranse ao longo do día nas distintas categorías. Os equipos participantes son o Rodeira de Cangas sénior e sub21, Umia de Caldas de Reis, Copacabana de Ferrol sénior e sub21, Combarro de Pontevedra, Xuvenil de As Pontes (Coruña), Arcos de Valdevez (Portugal) e o propio club organizador, Club Penedo feminino de Caldelas.

 Neste campionato homenaxearase a David Fernández “Michi”, irmán dunha das xogadoras do Club Penedo, falecido a semana pasada no río Miño.

 

5ª Eurocidade 10Km Tui-Valença.

5ª Eurocidade 10Km Tui-Valença.

 O Vindeiro Domingo 12 de Xuño, terá lugar a 5ª proba Eurocidade 10km entre Tui e -Valença.. a proba sairá ás 10:00h do Paseo da Corredoira.. e a meta tamén será no punto de partida, e será unha carreira que se levará a cabo entre Tui e a Valença pasando pola Ponte Internacional.

 Animádevos a participar e disfrutar de esta proba.

 Podedes atopar máis información en:

 https://clubatletismotui.wordpress.com/eurocidade10/

Fase Final do XXXII Campeonato de España de Clubes Infantil Femenino de Baloncesto.

Fase Final do XXXII Campeonato de España de Clubes Infantil Femenino de Baloncesto.

Uns 400 xogadores participarán e 36 equipos disputarán, entre os días 12 e 18 de Xuño en Porriño e Tui, o XXXII, Campeonato de España de Clubes de Baloncesto na categoría Infantil feminina. Entre eles 3 equipos galegos: seis do Nadal, Celta de Vigo  e Pío XII-Rosalía de Castro.

En Tui podemos disfrutar dos seguintes partidos:

1ª Xornada: Domingo 12 de Xuño de 2016

10.00h                  3º P. Vasco- Ad. Infante               Tui

12:00h                  Perfumerias avenida A -Aranguren Mutilbasket 02 Tui

16:00h                  DKV Sant Josep- Movistar Estudiantes A

18.00h                  DKV El Puerto- Snatt`s Femení St. Adriá

2ª Xornada: Lunes 13 de Xuño de 2016

10.00h                  Ad. Infante- Perfumerias avenida A       Tui

12:00h                  3º P. Vasco -Aranguren Mutilbasket 02 Tui

16:00h                  Movistar Estudiantes A- DKV El Puerto

18.00h                  DKV Sant Josep-  Snatt`s Femení St. Adriá

3ª Xornada: Martes 14 de Xuño de 2016

10.00h                  Perfumerias avenida A Tui- 3º P. Vasco

12:00h                  Ad. Infante -Aranguren Mutilbasket 02 Tui

16:00h                  DKV Sant Josep-  DKV El Puerto

18.00h                  Movistar Estudiantes A- Snatt`s Femení St. Adriá

Este mesmo fin de semana o equipo Infantil Masculino de Baloncesto do Club Baloncesto Tui, disputará o XXXVII Campionato de España Infantil Masculino, xunto aos equipos de Baloncesto de : Madrid, Linares e Badalona...Dende o Ceip Nº2 de Tui queremos desexarlles moita Sorte para o equipo tudense.

 

Clausura das Escolas Deportivas de Patinaxe da Deputación de Pontevedra en Tui.

 Clausura das Escolas Deportivas de Patinaxe da Deputación de Pontevedra en Tui.

O pasado domingo, 22 de Maio, tivo lugar no pavillón deportivo Municipal de Tui, o acto de clausura das Escolas Deportivas de patinaxe, da Deputación de Pontevedra, organizado pola propia Deputación  e a Federación Galega de Patinaxe , en colaboración co Concello de Tui e o Club de Patinaxe Ribex de Tui. Este é o cuarto ano en que Tui acolle este acto de clausura ao ser a tudense a escola máis numerosa da provincia.

Neste acto de clausura participaron numerosos alumnos do Ceip Nº2 de Tui.. Estas fotos foron facilitadas por Elsa Bernárdez de 6ºA.. Moitas gracias a Elsa e a súa familia.

4º Triatlón Tui- O Porriño

4º Triatlón Tui-Porriño.

Este sábado, 28 de maio, o Concello de Tui volverá a acoller a saída do Triatlón Tui- O Porriño, que nesta cuarta edición contará con máis de 300 participantes.

 

Ás 16.00 horas darase a saída da proba de natación dende a praia da Mariña de Tui, ao carón da Comandancia Naval do Miño, onde os deportistas realizarán o percorrido de 750 metros nadando polo río Miño.

 

O aparcamento do Paseo Fluvial Telmo albergará a zona de transición entre a natación e o sector de bicicleta, percorrendo os ciclistas as rúas Antero Rubín, Coengo Valiño, Calzada, Arraial, San Bartolomé, Loureiro, Camiño de Barros e Senda de Barros, para cruzar a antiga Nacional 550, e dirixirse cara ao Porriño pola estrada PO-342 sentido Ribadelouro. Estas zonas estarán pechadas ao tráfico dende as 15.30 horas. Os ciclistas percorrerán un total de 20,2 quilómetros ata O Porriño.

 

Por último, o sector de carreira a pé realizarase integramente no Porriño, realizando os participantes un percorrido de 5 quilómetros.

O Concello de Tui solicita a colaboración aos veciños e veciñas das rúas por onde discorre a proba, dado que o circuíto permanecerá pechado entre as 15.30 e as 18.00 horas. Ao tempo agradece a colaboración dos voluntarios dos clubs tudenses

Distribuir contido