Deporte en Tui
|
|
|
|
O club de patinaxe Ribex Tui
7º no campionato de España de patinaxe.
O Club de patinaxe Ribex Tui, 7º no campeonato de España de patinaxe, celebrado a pasada fin de semana do 5 de Marzo de 2017 na categoría Show.
Este posto permitiralle ao equipo tudense particiapar no Campionato de Europa que terá lugar o vindeiro mes de xuño en Italia.
Noraboa a todo o equipo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Gustavo Rodríguez Campeón de España de Duatlón
en Orihuela ( Alacante)
O pasado domingo, 5 de marzo tivo lugar en, Orihuela ( Alacante), o Campionato de España de Duatlón, onde o tudense Gustavo Rodríguez se proclamou vencedor do mesmo. Unha proba na que Gustavo rematou primeiro cubrindo unha distancia de 16km correndo, 66 km en bicicleta e por ultimo percorrendo 8 km correndo novamente. Noraboa a este gran atleta.
Podedes ver o video da carreira en:https://www.youtube.com/watch?v=eeSnTH8NY7U
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Lino Martínez Campión de Europa de Judo.
Lino Martínez ven de proclamarse Campión de Europa Máster WIBK en Ginebra (Suiza), o pasado fin de semana do 4 de marzo de 2017.
O Domingo 5 de marzo de 2017, tan só un día despois de gañar en suiza o Campionato de Europa, Lino, participou no Campionato Nacional Portugués, que tivo lugar en Coimbra, onde conseguiu a medalla de bronce.
Os nosos parabéns para este gran deportista tudense. Noraboa Lino!
Atoparedes máis información en: https://telemarinas.com/lino-martinez-empieza-la-temporada-pisando-el-podio/
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Kayak Tudense, Campeón galego de Inverno.
O Club Kayak Tudense proclamouse campión galego de inverno, na categoría senior esta fin de semana do 5 marzo, no embalse de Belesar, no concello de Taboada en Lugo, onde todas as regatas se levaron a cabo na distancia de 5000 m. Noraboa a todo o equipo e a todos os participantes. Gran traballo de este equipo tudense.
Podedes atopar máis información en:
https://www.vigoe.es/deportes/polideportivo/item/15706-el-kayak-tudense-campeon-gallego-de-invierno.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUBE BALONMÁN TUI
O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 4 de marzo contra o equipo do Lavadores en Vigo.
Os parciais foron:
C.B. Lavadores- C.B. Tui: 9-2//6-0//7-3//3-0
Neste equipo que xogan vari@s alumn@s do noso cole: Alvaro, Yosra, Uxía e Lía, e un equipo moi novo e que está a xogar moi ben, mellorando moito en moi pouco tempo. Noraboa equipo!
Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 3ºA. Moitas gracias
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUBE BALONMÁN TUI
O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 18 de Febreiro contra o equipo do Novás, no Rosal.
Os parciais foron:
C.B. Novás- C.B. Tui: 5-7//6-6//8-3//8-7
Neste equipo que xogan vari@s alumn@s do noso cole: Alvaro, Yosra, Uxía e Lía, e un equipo moi novo e que está a xogar moi ben, mellorando moito en moi pouco tempo. Noraboa equipo!
Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 3ºA. Moitas gracias
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUBE BALONMÁN TUI
O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 18 de Febreiro contra o equipo do Lalín. Os parciais foron de 6-5//6-5//9-2//5-3 a favor do equipo tudense no que xogan vari@s alumn@s do noso cole. Noraboa equipo!
Información facilitada por Lucía Méndez de 6ºC. Moitas gracias
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Equipo Benxamín Caldelas F.C. xoga a liga federada da tempada 16-17.
O equipo Benxamín do Caldelas F.C., xoga a liga federada da Temporada 16-17. O partido da pasada fin de semana, 18 de febreiro de 2017, foi o seguinte, con estes resultados:
Choco Redondela – Caldelas Resultado 1-6
Neste equipo do Caldelas xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui; Jose, Diego, etc... Os nosos parabéns a todos os xogadores.
Información facilitada polos alumnos de 4ºB.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Equipo Benxamín A Tyde F.C. xoga a liga federada da tempada 16-17.
O equipo Benxamín A do Tyde F.C., xoga a liga federada da Temporada 16-17. O partido da pasada fin de semana, 18 de febreiro de 2017, foi o seguinte, con estes resultados:
Tyde Benxamín A F.C. – Ponteareas Resultado 4-1
Neste equipo do Tyde xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui; Manuel, Pedro, Iker, Raúl, Gonzalo, etc... Os nosos parabéns a todos os xogadores.
Información facilitada polos alumnos de 4ºB.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
VI Eurocidade BTT
A VI Eurocidade BTT, prueba deportiva de ciclismo de montaña, vaise celebrar o 12 de marzo na Eurocidade.
A proba organizada pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, agárdase na mesma unha participación cercana aos mil ciclistas. Terá lugar ás 9:00h dende o paseo da corredoira en Tui.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Actividades deportivas da Eurocidade Tui-Valença para o ano 2017
Unha trintena de actividades de 18 modalidades deportivas conforman o programa que
para este ano 2017 oferta a Eurocidade Tui Valença no ámbito deportivo.
-
VI Eurocidade BTT que terá lugar en marzo.
-
22/04/2017 I Copa San Telmo en fútbol.
-
Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade,
-
8-10/04/17 III Torneo Baloncesto.
-
11/06/17 VI Eurocidade 10 de atletismo.
-
17-18/06/17 III Torneo de Judo.
-
25/06/17 IV Campionato de Kung.
-
VII Travesía a Nado (xuño).
-
II Festival Aéreo (xullo).
-
II Descenso en Boias (xullo).
-
VI Torneo de Balonmán (agosto).
-
IV Trofeo de Hoquei (setembro).
-
II Campionato de Xadrez (setembro).
-
IV Torneo de Tenis (setembro e outubro).
-
13-15/10/17 II Rallie Eurocidade.
-
IV Torneo de Baile Deportivo (novembro).
-
25/11/17 II Urban Trail Night.
-
I Liga de Padel (anual)
Animamos a todos os nenos e nenas do noso centro así como ás súas familiasadisfrutar do
deporte na eurocidade.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O equipo Cadete Feminino do
Club atletismo Tui-Thermalia.
Campeón galego por equipos.
O equipo cadete feminino do club de atletismo Tui-Thermalia, proclámouse campeón galego por equipos, a pasada fin de semana do 4-5 de febreiro, sendo a primeira vez que o clube consegue clasificarse como campión galego co equipo formado por Elsa, Laura, Lucía e Cinthia.
Esta vitoria fai que sexan as encargadas de representar a Galicia no vindeiro campionato de España que terá lugar en Oropesa o vindeiro 25 de febrero.
Dende o noso centro queremos felicitar a este gran equipo, ao seu adestrador Dani Mouriño e á dirección do Clube por esta vitoria e polo bo traballo que están a facer. Tamén facer una felicitación especial Lucía Portela, que foi antiga alumna do noso centro, e da que gardamos moi bo recordó.
Os nosos parabéns a todos e a disfrutar do vindeiro campeonato de España.
Podedes atopar máis información en:
http://www.infominho.com/index.php/id/103/objeto/32524/claves/El-Club-de-Atletismo-de-Tui-se-proclama-campeon-gallego-por-equipos-de-campo-a-traves?platform=hootsuite
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUBE BALONMÁN TUI
O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 4 de Febreiro contra o equipo do Cisne. Os parciais foron de 3-2//3-2//3-3//3-3 a favor do equipo tudense no que xogan vari@s alumn@s do noso cole. Noraboa equipo!
Información facilitada por Lucía Méndez de 6ºC. Moitas gracias
CLUBE BALONMÁN TUI
O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 4 de Febreiro contra o equipo do Porriño. Os parciais foron de 9-3//7-6//6-4//7-3 a favor do equipo tudense no que xogan vari@s alumn@s do noso cole. Noraboa equipo!
Información facilitada por Uxía Soliño de 3ºA. Moitas gracias
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O CLUB PATINAXE ARTISTICO RIBEX DE TUI
SUBCAMPEÓN GALEGO EN GRUPOS SHOW.
O Club de patinaxe Artistico Ribex de Tui, participou o pasado sábado 4 de febrero nas instalación do Pav das Travesas.
Está era a primeira competición anual da modalidade, a que marca o comezo das competicións oficiais. Un gran traballo do equipo participante na modalidade de grupos show, que se fixo coa medalla de prata, que lle da acceso a competir no campeonato de España.
Noraboa a todo o equipo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Martina Juncal e Amaia Sebastián no
Campionato galego de remoergómetro.
A Malata (Ferrol)
22-01-17
O pasado domingo día 22 de Xaneiro tivo lugar, no pavillón da Malata en Ferrol, o campionato galego de remoergómetro. Unha disciplina deportiva unida ao remo. Nesta edición estiveron dúas participantes de excepción: Martina Juncal alumna de 6ºB e Amaia Sebastian alumna de 6ºC, ambalas dúas esforzáronse moito para preparar este campionato, onde se atopaban as mellores remeiras de categoría alevín de toda Galicia. As dúas practican remo en Tui, un deporte, unha paixón e unha tradición a seguir no río Miño.
A nosa noraboa a estas dúas grandes deportistas e a seguir practicando remo. Así mesmo, aproveitamos para felicitar a todos aqueles antigos alumnos do noso colexio que estiveron en dito campeonato, así como a todos os remeiros que participaron neste campeonato, así como no campeonato Nacional que tivo lugar en Castrelo de Miño o pasado sábado e Domingo 28 e 29 de Xaneiro. Noraboa polo voso esforzo e polo voso traballo.
|
|
|
|
|
|