PLANTACIÓN DE ÁRBORES FRONDOSAS PARA REFORESTAR.
Nos talleres de inauguración do proxecto, unha das actividades foi plantar frondosas: castañas, noces, améndoas…
De todas as que plantamos, que foron unhas 380, un por cada estudante, naceron uns 50 castaños e un piñeiro.
Xa os transplantamos a tarriños máis grandes, porque estaban a precisar máis terra con nutrientes.
Falamos coa comunidade de montes e aconsellounos deixalos crecer un pouco máis, e de cara ao curso que ben, organizar unha xornada de reforestación e buscarlles un novo fogar a estes castaños, e así o faremos.