DFEPORTES POLO MUNDO

DEPORTES POLO MUNDO: AUSTRALIA

Este verán tivemos a gran sorte de que algún dos compoñentes do noso equipo viaxaran polo mundo, descubrindo e practicando deportes que por aquí non se ven habitualmente.

A profe Sara viaxou a Australia para visitar ao seu irmán. Alí puido experimentar a tremenda conexión que ten a poboación coa natureza e a gran cultura deportista e saudable que se respira en todo o país.

Ademais disto, Sara tivo a oportunidade de observar a práctica dalgún deporte típico australiano, como por exemplo os bolos, que se asemella bastante á nosa petanca.


O surf, que é o deporte de auga que mais se practica por alí.


E tamén o Rugby Union, deporte que soamente se practica na Costa Este Australiana e do que Sara puido presenciar adestrar a un dos equipos máis importantes da liga, o South Sydney Rabbitohs.


Ademais de observar, Sara tamén practicou moito deporte en Australia, facendo rutas de senderismo tódolos días e sobre todo deporte de aventura, xa que tivo a oportunidade de nadar con baleas e de practicar snorkel na Reserva Natural da gran Barreira de Coral.