IX Milla Porriñesa
“Festas do Cristo” 2018
28 Setembro de 2018
Hoxe venres día 28 de Setembro de 2018, ás 18:00h, vai ter lugar a IX Milla Porriñesa “Festas do Cristo”, no centro de O Porriño. Está destinada a todolos nen@s que queiran participar:
18:00 h – De 2 a 4 anos inclusive – 100 m.
18:05 h – De 5 a 7 anos inclusive – 100 m.
18:10 h – De 8 a 10 anos inclusive – 400 m.
18:20 h – De 11 a 14 anos inclusive – 800 m.
18:30 h – Carreira popular > 15 anos – 1.609 m.
18:45 h – Carreira Élite > 15 anos – 1609 m. *
Tod@s @s participantes terán que estar no lugar da proba como mínimo 15 minutos antes da mesma, para inscribirse no momento. Non é preciso inscribirse con anterioridade.
O Equipo de Deporte no2 trata de fomentar con esta proposta un estilo de vida deportiva en familia, saudable e feliz.
As familias que se animen a participar, se teñen a ben que nos envíen fotos de este evento ou calquera que se lles presente ao whatsapp:650602161 ou ao correo electrónico: beaagrudebam@gmail.com